A diario, a cotío dedico un anaco de tempo a andar de vagar pola miña parroquia e a miúdo, achégome ao lugar que chamamos O Canteiro. Un espazo ateigado de lembranzas, onde emerxe sobranceiro o edificio da escola antiga. Unha construción colonial de estilo ecléctico feito entre 1906 e1907 por iniciativa e fundamental axuda económica da comunidade da parroquia en Cuba.
Un feito profundamente solidario que reflicte un forte vínculo de unión entre a emigración e a comunidade parroquial de orixe e tamén, un compromiso co progreso e o benestar coa súa xente dos que marcharon. Unha constante dos fillos de Galicia emigrados a América entre finais do século XIX e o século XX.
O edificio albergaría a escola da parroquia moitos anos e tamén sería a sé do sindicado agrario e centro de lecer e reunión.
Ao seu carón, os mesmos emigrantes decidiron tamén construir unha pista de baile con palco para a orquestra. Posiblemente para facer realidade a idea de que o día do patrón (S. Pedro) poidera celebrarse nun lugar que fose digno de representar a parroquia diante dos invitados da contorna. Unha cuestión de autoestima e amor á parroquia.
Coido que esta xenerosa decisión dos emigrantes reflicte a forza sentimental que tiña a institución parroquial nas almas das súas xentes. Porque a parroquia foi para o noso rural un espazo fundamental onde se creaban e tecian os vínculos comunitarios sen que isto afectara a outra das institucións fundamentais do mundo labrego como a casa patrucial.
Estamos a falar de dúas institucións básicas que ata a década dos sesenta do século pasado forneceron de identidade ao mundo labrego, de tal maneira, que lonxe dos propios eidos, os nosos emigrantes seguían sentindo as dúas institucións como algo consustancial ao seu ser e por tal razón, eran frecuentes as achegas económicas co fin de melloralas.
Todo un fenómeno antropolóxico que entra en decadencia a partir da década dos sesenta do século pasado, coincidindo precisamente co inicio do chamado “desarrollismo” e coa nova emigración a Europa.
A partir deste cambio, o pasado compromiso solidario coa comunidade de orixe se creba a prol dun maior individualismo e compromiso co proxecto persoal. Empeza aquí a emerxer en Galicia o ego propio da Modernidade e emerxe por enriba da comunidade abríndose un novo tempo e un novo paradigma para Galicia no que xa serán outros elementos os novos conformadores da identidade dos galegos e galegas do rural.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



