Houbo un tempo non moi lonxano que aínda criamos no futuro como lugar de posibilidades e realización. Había unha razoable esperanza e o esforzo, a sensatez e a solidaridade se valoraban na súa xusta medida. Talvez por iso, as persoas que aportaban algo á comunidade e loitaban polo progreso eran vistas como referentes. Viamos como aportaban o mellor de se mesmo e parecíanos a forma máis fermosa de exercer a humanidade porque recoñecíamos que contribuír ao ben común era unha gran expresión de solidaridade cos seus semellantes.
Pola mesma razón valorabamos o coñecemento, os avances científicos e e as creacións artísticas porque nos parecía unha contribución imprescindibel para o progreso dos pobos. E, dende logo, sempre estabamos dispostos a escoitar a todo aquel que tivera algo interesante que dicir porque estabamos desexosos de ideas para construír un mañán mellor.
Tiñamos claro que esta era a forma máis sensata e máis digna de estar no mundo e tamén a máis acaída para afrontar a vida dunha maneira civilizada e honesta.
Pero, de súpeto, todo empezou virse a baixo ao impoñerse o novo orde neoliberal a partir da caída do Muro de Berlín.
Dende ese momento, un novo capitalismo agresivo e deshumanizado acabou facéndose co control dos corpos e das almas para rematar colonizando toda a realidade, convertendo os seus valores materiais na guía suprema a seguir.
Esta situación de dominio absoluto dos valores económicos estanos conducindo a unha gravísima crise civilizatoria porque perdeuse toda brúxula moral, instalándose un profundo baleiro nihilista no que alarmantemente van desaparecendo os limites éticos.
Neste contexto a verdade e a legalidade xa importan pouco porque chegamos a un punto onde todo vale.
Nun mundo así, no que se observa con claridade que se está acelerando a normalización da barbarie e a pura vontade de poder, só pode acabar co establecemento da lei do máis forte.
E nesta deriva na que estamos instalados, parece normal que vivamos preocupados, desorientados e sen esperanza, porque o mundo Occidental tal como está evolucionando, non só está deixando de ser convincente, senón que tamén empeza a dar medo.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



