Este sábado 7-F cumpríronse 150 anos dende que saiu do prelo en Ourense o primeiro número do xornal O Tío Marcos da Portela, fundado por Valentín Lamas Carvajal aquel 7-F de 1876 en Ourense. Non era o primeiro xornal en galego (antes saíron por pouco tempo O Seor Pedro-1840-e máis O Vello do Pico Sagro-1860-como ven de escribir Xoán Costa) mais si é o primeiro xornal de periodicidade fixa e mantida no tempo que sitúa o galego, como lingua do campesiñado do País, na cerna do seu propio proxecto comunicativo e, xa que logo, político. Un País que era maioritariamente agrario e gandeiro e que tiña como principais obxectivos a redención da clase campesiña a respecto dos seculares foros que gravaban as fincas que traballaban e dos trabucos (tributos) de concellos e do Estado centralista:
En 1876, Galicia estaba en pleno Rexurdimento. Despois dos Séculos Escuros Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal xa comezaran prestixiar a lingua no ámbito literario Porén, o galego seguía fóra, en xeral da prensa escrita de xeito cotián. Lamas Carvajal, cunha visión moi avanzada, decidiu que o galego tamén servía para informar, opinar e rir. Recreou un personaxe ficticio, o Tío Marcos, un campesiño instalado na sabedoría popular (na sabedoría da xente asisada do seu tempo) e crítico para denunciar as inxustizas sociais, o caciquismo e o abandono de Galicia, que lle falaba de “ti a ti” ao pobo, cunha perspectiva autocentrada e coa lingua galega como medio de comunicación que, á súa vez, facía parte da cosmovisión galega que quería transmitir. Velaí que a xente se sentise identificada por primeira vez cun medio escrito. O xornal chegou a tiraxes de catro mil exemplares, unha cifra astronómica para a época.
Amosou Lamas Carvajal que o galego era unha lingua válida para o xornalismo e a actualidade. O xornal mantivo ao longo de toda a súa vida unha ferreña defensa do labrego galego fronte aos mesmos abusos do sistema, en Galicia moi vencellados ao partido fusionista de Sagasta e Montero Ríos e, en xeral, co bipartidismo dinástico da Restauración borbónica.
Lamas Carvajal evoluiu dunha fase de rexeneracionismo galeguista e popular (1876 – 1890), chea de enerxía, cunha fe cega na educación do pobo e mergullado na loita contra o caciquismo local e a administración centralista de Madrid, que lle chuchaba o sangue a Galicia mediante impostos inxustos, como o malfadado imposto de consumos.
Ao chegar á década dos 90, Lamas empeza a ser recoñecido como o grande líder de opinión en Galicia. E o seu pensamento vólvese máis orgánico e estruturado, reivindicando o galego como lingua de uso xeral e cultural. Sendo o seu rexeneracionismo galeguista de raigame católica e popular, busca pontes co sector de Murguía, dende a comprensión que a defensa de Galicia precisa de institucións fortes. Nos últimos anos da súa curta vida e dende o trauma da súa cegueira o pensamento de Lamas Carvajal vólvese máis conservador no social (reforzando a idea dunha Galicia social e católica), pero moito máis potente no nacional.
Partilla, deste xeito, no 1905 con Murguía na fundación da Academia Galega, demostrando ambas polas do rexionalismo protonacionalista a mesma capacidade de compromiso que, moi axiña despois do pasamento de Lamas Carvajal (1906) se desenvolvería coa coalición nacional da Solidariedade Galega, que xuntaría tradicionalistas, católicos sociais, republicanos federais e rexionalistas-en realidade protonacionalistas-. Sen esquecer que o posterior agrarismo da Acción Galega de Basilio Alvarez é fillo directo do protoagrarismo de Lamas Carvajal, como salientou con acerto Marcos Valcárcel.
Murguía estaba indubidabelmente abraiado pola popularidade da vía popular e rexeneracionista de Lamas Carvajal nos tempos nos que, desfrutando de moita menos popularidade, fornecía a nosa cultura e historia nacionais dos consensos fundacionais que fosen quen de sementar unha intelectualidade operante. Mais o mesmo Murguía recoñeceu a súa admiración polo ourensán no 1918… “Lamas Carvajal…hizo más por la redención espiritual del campesino galaico que la prédica incendiaria de los apóstoles que acaban su carrera de diputados hechura del cacique. Lamas Carvajal fue irreductible. No le doblegaron ofrecimientos ni excomuniones. Era un gallego”.
Lamas Carvajal é un fundador da Nación, un creador da conciencia de País, un dos alicerces da Patria. Seguir a iluminar a súa obra e a conexión do seu discurso coa Galicia de hoxe é afirmar a mellor, máis próspera e máis autónoma Galicia. Ogallá que o próximo futuro nos dea moitos máis estudos, debates, palestras e faladoiros que acheguen Lamas Carvajal ás novas xeracións.















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



