Ameijide afeou que “a presidenta da Deputación diga defender ao sector mentres o secretario xeral do PSdeG di que o acordo é positivo para Galicia e o Goberno de Sánchez pide a aplicación inmediata do acordo co Mercosur. Prometeron aos gandeiros unha moción contra o acordo e non o fixeron. O PSOE nin sequera pide garantías para os nosos produtores”
Lugo, 27 de xaneiro de 2026. O PP logra sacar adiante na Deputación de Lugo a súa proposta en apoio ao sector primario -coa abstención do PSOE e o deputado non adscrito e o voto en contra do BNG- centrada en “protexer ao sector” solicitando ante a UE a non activación provisional do acordo de libre comercio co Mercosur “sen garantías para o agro e o reforzo das cláusulas de salvagarda e a intensificación dos controis na fronteira”.
O portavoz popular, Antonio Ameijide, propuxo e amosou a vontade dos populares para aprobar na Deputación Provincial unha declaración institucional ou tratar de chegar a un acordo unánime “porque entendemos que todos queremos protexer o noso sector primario”. Pero “PSOE e BNG negáronse”.
Ameijide fixo súas as palabras do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que onte mesmo defendía que “todos os produtos agroalimentarios que entren en Galicia deben cumprir os mesmos requisitos que os que se elaboran aquí e que as cláusulas de salvagarda entren en vigor ao mesmo tempo que o acordo”. En resumo, “o que queremos é que o tratado non dane ao noso sector agrogandeiro”.
Ante os acontecementos dos últimos días nos que saíu adiante no Parlamento Europeo da man dun “pacto entre BNG e Vox, entre outros partidos”, enviar o acordo ao Tribunal de Xustiza da UE posibilitando a activación provisional do tratado de libre comercio sen a aplicación das cláusulas de salvagarda, “actualizamos e melloramos a nosa proposta inicial” porque “non podiamos saber antes que o BNG ía pactar con Vox, cando eran os primeiros que dicían que con Vox a ningún sitio, pero son os primeiros que comparten viaxe con Vox”.
Ameijide tamén aclarou durante a súa intervención que “quen negocia de ti a ti a nivel europeo é o Goberno de Sánchez. O interlocutor é o Estado. A Xunta non intervén nestas negociacións”.
E incidiu en “mentres o BNG é o do non a todo; o Partido Popular é o do si. Si a pedir máis recursos para a PAC dende a consellería pero a través do Estado que é o interlocutor, si a pedir que se adianten os 45.000 millóns de euros de Europa para o sector primario, si a que se fale cada pouco tempo a que se fale cada pouco tempo entre as CCAA, o Estado e os representantes do sector e si a que se poñan condicións ao tratado, si á activación das cláusulas de salvagarda, si a esixir e garantir que todo o que entre en España cumpra os mesmos requisitos que lle esiximos aos nosos produtores e si a dicirlle a Europa que non pode entrar en vigor ata que estean as cláusulas de salvagarda activas”, defendeu.
“O PSOE NON ESIXE GARANTÍAS”
O popular tamén afeou que “a presidenta da Deputación diga defender ao sector mentres o secretario xeral do PSdeG di que o acordo é positivo para Galicia e o Goberno de Sánchez pide a aplicación inmediata do acordo co Mercosur. Prometeron aos gandeiros unha moción contra o acordo e non o fixeron. O PSOE nin sequera pide garantías para os nosos produtores”, apuntou.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



