A Mariña, 27 de xaneiro, 2026. O BNG convida a toda a comarca a participar na manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro domingo 1 de febreiro, convocada por SOS Sanidade Pública e pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña baixo o lema “Máis Sanidade Pública”. A formación lembra que o desmantelamento da sanidade pública avanzou a pasos de xigante nos últimos anos, acelerándose na comarca desde que hai oito anos o Partido Popular eliminou a Área Sanitaria da Mariña, o que provocou unha redución progresiva de servizos e obrigou a moitos doentes a desprazarse a Lugo.
O responsable comarcal do BNG, Antonio Veiga, afirmou que “a sanidade pública atravesa unha situación crítica que non é casual nin inevitable, senón o resultado dun desmantelamento planificado tras 17 anos de deterioro deliberado por parte do goberno do PP, que incumpriu a súa obriga de prever, organizar e investir, optando por un modelo que expulsa profesionais e desprotexe a cidadanía”.
Desmantelamento da Atención Primaria
En relación coa Atención Primaria, o BNG denuncia que na comarca está practicamente desmantelada, tanto en recursos económicos como humanos, con repetidas ausencias de profesionais en numerosos centros de saúde que o Sergas cobre só de maneira temporal ou por horas, e nunca na súa totalidade. A vice-responsable comarcal e portavoz en Viveiro, Iria Cotelo, sinalou que “esta situación na Mariña, e especialmente en Viveiro, é insoportable por máis tempo. O PP ten que decatarse de que non pode seguir xogando coa nosa saúde, porque iso é o que está facendo, e por riba aínda se ri de nós cada vez que levamos iniciativas ás institucións, como as que levou ao Parlamento Galego o noso deputado Daniel Castro”.
Máis Atención Primaria. Máis Atención Hospitalaria. Máis Sanidade Pública
Os nacionalistas fan súas as reivindicacións de SOS Sanidade Pública e da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, e reclaman máis Atención Primaria, con centros de saúde e PACs dotados de persoal suficiente en todas as categorías; máis Atención Hospitalaria, coa utilización plena dos recursos públicos e o fin da concertación coa privada; así como plans para reducir as listas de agarda e poñer fin á súa ocultación.
“Son moitas as cousas que se está xogando esta comarca nos últimos anos, pero a máis desesperante é a situación da sanidade pública. Levamos anos reclamando o incremento do orzamento sanitario, recuperar servizos privatizados e, sobre todo, recuperar a nosa Área Sanitaria, que o PP eliminou e cuxas consecuencias estamos a sufrir, entre elas as derivacións a Lugo”, afirman desde o BNG.
Mocións nos concellos
O BNG anuncia tamén que esta semana comezará a presentar mocións en todos os concellos da comarca para o seu debate nos plenos municipais, co obxectivo de instar á Xunta a adoptar medidas urxentes para recuperar a sanidade pública galega: reforzar a Atención Primaria incrementando o seu orzamento, garantir a atención pediátrica, dotar de persoal as urxencias e poñer fin á privatización e ao desvío de recursos públicos cara á sanidade privada.
O 1 de febreiro, A Mariña farase oír en Santiago
Cotelo e Veiga animan a toda a poboación mariñá a acudir a Santiago o domingo 1 de febreiro para frear esta situación, “porque é a única forma de parar o desmantelamento”, lembrando que a veciñanza leva meses mobilizándose en practicamente todas as localidades da comarca, especialmente en Viveiro.
Haberá servizo de autobuses con saída desde Ribadeo e Viveiro. As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 982 581 861, 982 140 654, 667 052 058 e 629 588 833. A data límite para inscribirse é o xoves 29.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



