A actuación, impulsada dende a Alcaldía, mellorou unha pista de 400 metros, dos cales 200 eran de terra, garantindo un acceso seguro e digno a unha vivenda que carecía de condicións axeitadas
Vilalba, 27 de xaneiro, 2026. O Concello de Vilalba vén de finalizar unha nova actuación de mellora das infraestruturas viarias no rural coa rexeneración dunha pista no lugar do Coto, na parroquia de Mourence. Trátase dunha intervención impulsada dende a Alcaldía, coa que se deu resposta a unha necesidade trasladada pola veciñanza da zona.
A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández visitaron hoxe o resultado das obras executadas nesta pista, que conta cunha lonxitude aproximada de 400 metros e presta servizo tanto a vivendas como a camiños de acceso a fincas.
Os traballos incluíron a rexeneración integral dun tramo de 200 metros que ata o de agora contaba cun firme de terra, sendo necesario o recheo e a estabilización do vial mediante a aplicación de varias capas de pedra de diferente grosor, así como a posterior rega asfáltica no conxunto da pista.
A alcaldesa de Vilalba destacou que “esta actuación responde ao compromiso do goberno local coa mellora das infraestruturas municipais e coa atención directa ás necesidades da veciñanza”. “Falamos dun vial que dá acceso a vivendas e a fincas, e que precisaba dunha intervención urxente para garantir unhas condicións dignas de tránsito”, engadiu.
A rexedora vilalbesa lembrou que estas actuacións “forman parte dunha planificación continuada de mantemento e mellora das infraestruturas municipais, coa que o Concello busca reforzar a cohesión territorial e facilitar o día a día da veciñanza das parroquias”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



