Antonio Ameijide explica que “en momentos de contratempos como o actual” ter realizado periodicamente o mantemento da rede viaria provincial e todas as infraestruturas que a compoñen “é clave” para evitar problemas
Lugo, 28 de xaneiro de 2026. Os diferentes temporais que estamos a vivir nas últimas semanas están a castigar con dureza a provincia de Lugo, provocando numerosos problemas e inconvintes para todos os lucenses, “que se ven agravados pola alarmante falta de mantemento da rede viaria provincial” por parte de PSOE e BNG nos últimos anos.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, fai esta reflexión porque “en momentos de contratempos como o actual” ter realizado periodicamente o mantemento da rede viaria provincial e todas as infraestruturas que a compoñen “é clave” para evitar problemas. “Onte vímolo, nunha crecida, como tantas tivemos nesta provincia, que provocou a caída dunha ponte en Navia, pero hai outra a piques de caer na Terra Chá e outro caso tamén na Mariña”, explicou.
Ameijide reflexiona sobre o mantemento das estradas “un traballo moi importante, vital para a seguridade das persoas” pero que “para PSOE e BNG é secundario”. “Por que é secundario? Moi sinxelo, porque non o poden anunciar nin inaugurar”, lamentou.
Ademais, o popular tamén pregunta por que non se fai mantemento: “Porque o PSOE e o BNG prefiren o diñeiro para outras cousas”.
Neste senso, Ameijide esixe a PSOE e BNG que se tomen en serio o mantemento da rede viaria provincial porque “ao non facelo, atopámonos con que as estradas son un perigo e que a rede viaria en xeral está feita un verdadeiro desastre”.


















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.



