A actuación, subvencionada pola Xunta de Galicia, foi aprobada por unanimidade no pleno municipal
Vilalba, 14 de xaneiro de 2026. O Partido Socialista de Vilalba quere poñer en valor o consenso institucional que permitiu sacar adiante o proxecto de instalación dun sistema de sombra na Avenida da Terra Chá, unha actuación estratéxica para a accesibilidade urbana e a adaptación ao cambio climático no noso concello.
Trátase dunha obra subvencionada pola Xunta de Galicia, dentro dun programa específico para a aplicación de solucións baseadas na natureza en espazos urbanos e periurbanos. Vilalba foi, ademais, un dos poucos concellos que conseguiu acceder a esta liña de axudas, froito dun traballo técnico rigoroso e dunha planificación clara.
A actuación executada permitiu ampliar os espazos naturais de sombra nunha das avenidas máis utilizadas do casco urbano, incorporando plataformas verdes con arborado e bancos. Antes da intervención existían tramos de varios centos de metros sen ningún espazo de descanso á sombra, o que xeraba importantes barreiras de accesibilidade.
Cómpre lembrar que este proxecto foi aprobado por unanimidade no pleno municipal, contando co voto favorable de todos os grupos políticos, incluído o Partido Popular de Vilalba, que naquela sesión recoñeceu que se trataba dunha obra que “pode aportar ao sistema urbano”.
Desde o Partido Socialista de Vilalba non entendemos o cambio de postura do Partido Popular, que agora critica publicamente unha actuación que apoiou expresamente no pleno municipal, coñecendo desde o primeiro momento o seu alcance, a súa localización e as actuacións previstas, incluída a afección sobre determinadas prazas de aparcamento.
Desde o PSOE de Vilalba celebramos aquel acordo e aquela visión compartida, convencidos de que os proxectos importantes para a veciñanza deben estar por riba da confrontación política. Resulta fundamental manter a coherencia e a responsabilidade institucional, especialmente cando falamos de actuacións xa debatidas, coñecidas e aprobadas democraticamente.
O Partido Socialista de Vilalba seguirá traballando con responsabilidade, coherencia e vontade de acordo, impulsando proxectos que fagan do noso concello un espazo máis accesible e mellor preparado para os retos do futuro.



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



