O Valadouro, 14 de xaneiro, 2026. A finais de 2024, en plena asignación das datas para o calendario deportivo de 2025, o club púxose en contacto co Concello do Valadouro. Naquel momento non recibiu atención, xa que o novo goberno municipal estaba en proceso de constitución. Por iso, a comezos de 2025 retomouse o diálogo para valorar a organización dunha proba de raíd en 2026. Nesa conversa, tanto o alcalde como a concelleira de Deportes trasladaron que sería posible financiar integramente o evento.
Cando chegou a fase de asignación de datas para as probas de 2026, o club volveu contactar co Concello do Valadouro. Porén, a atención recibida por parte da concelleira de Deportes foi escasa —ou máis ben nula—, alegando, en palabras textuais, “problemas persoais” e indicando que atendía o cargo “a semanas alternas”. Tras tres semanas de espera para obter unha simple resposta, o club decidiu falar directamente co alcalde, quen finalmente comunicou que o Concello non prestaría axuda.
Co obxectivo de non renunciar ao proxecto, o club acudiu ao Concello de Alfoz, xa que o val no que se atopa a entidade abrangue ambos municipios. Alfoz trasladou con total claridade que podía financiar ata o 70% da proba e ofrecer apoio loxístico segundo as necesidades. Con esa garantía, só restaba a confirmación da Federación Hípica Galega, á que só se pode acudir unha vez asegurada a viabilidade económica do evento.
Na Federación valorouse inicialmente a posibilidade de celebrar a proba en decembro de 2026. O club quedou á espera da confirmación, pero finalmente comunicóuselle que, por problemas de orzamento, só se organizarían sete probas —oito contando coa internacional— porque, en palabras textuais, “non queda diñeiro para repartir”. Ante esta situación, o presidente do club informou ao Concello de Alfoz de que destinase os fondos previstos a outras organizacións, xa que o club só podería optar a unha data no caso de que outra proba fose cancelada, algo que considerou inxusto tras meses de espera.
O club quere agradecer sinceramente a colaboración e a disposición do Concello de Alfoz. Non así a do Concello do Valadouro, do que afirma ter recibido unicamente escusas e falta de atención, o que obriga a entidade a renunciar ao obxectivo de organizar unha proba de raíd neste val
Próximos pasos do club
A partir de agora, o club centrará os seus esforzos en:
• Buscar cabalos adecuados para a disciplina de raíd.
• Participar nas probas xa organizadas en Galicia e Asturias.
A entidade agradece o apoio recibido e expresa o seu desexo de ter sorte nesta nova etapa.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



