Mondoñedo, 10 de xaneiro de 2026. O xurado do VII Concurso de Decoración de Nadal, convocado polo Concello de Mondoñedo a través da súa Concellería de Cultura, deu a coñecer este sábado 10 de xaneiro o fallo do certame, logo de avaliar na primeira semana deste ano as candidaturas presentadas conforme ás bases reguladoras publicadas na web municipal.
Este concurso ten como obxectivo fomentar o espírito do Nadal e a participación cidadá na ornamentación de espazos do municipio, dando protagonismo aos veciños, veciñas e colectivos locais. A iniciativa promove a implicación activa da cidadanía na creación dun ambiente festivo, acolledor e respectuoso co entorno histórico e patrimonial de Mondoñedo, localidade integrada na rede de Pueblos Más Bonitos de España.
Con esta proposta búscase que rueiros, prazas, fachadas e parroquias luzan a súa mellor imaxe durante as datas do Nadal, contribuíndo á dinamización da vida social, cultural e turística do municipio.
O xurado estivo composto por:
· Dª. Claudia del Pino, como representante da Mancomunidade da Mariña
· Dª. Mónica Barreira, como representante do tecido asociativo local.
· Dª. Carmen Cruzado, como presidenta da Federación de Comercio da Mariña (Fcam).
· Dª. Paloma Vázquez, xefa do servizo provincial de Turismo da Delegación da Xunta en Lugo.
· Dº Manuel Antonio Fernández, director territorial de Cultura, Lingua e Xuventude, da Delegación da Xunta en Lugo.
Exerce como secretario coordinador do concurso, con voz e sen voto, o concelleiro de Cultura e Xuventude, Alberto García, quen facilita o material fotográfico e declarada válidamente constituída a sesión de maneira telemática.
Tras a deliberación correspondente, o xurado acordou conceder os seguintes premios:
· Conceder o premio na Modalidade Individual para casas particulares, dotado de 100 euros, a Dº. Jesús Basanta Villalba, polo seu decorado na vivenda situada en Grove, 15, na parroquia de Vilamor.
· Conceder o premio na Modalidade Individual para negocios (comercios, bares, oficinas, etc), dotado de 100 euros, a “Confitería La Alianza” polo seu decorado do escaparate na rúa Progreso, 22.
· Conceder o premio na Modalidade Colectiva no Casco Urbano ao Barrio dos Muíños, dotado de 200 euros, polo seu decorado que consegue salientar moi axeitadamente o rico patrimonio cultural deste entorno.
· Conceder o premio na Modalidade Colectiva no Rural, dotado de 200 euros, ao barrio de Xersido, na parroquia de Oirán, pola súa decoración.
· A maiores, consideran conceder dúas mencións especiais a “A Tenda de Neves” na modalidade de negocios, e á decoración da casa dos Muíños de Arriba, 35, na modalidade de particulares.
Pola súa banda, o concelleiro de Cultura puxo en valor a implicación dos veciños, veciñas e asociacións locais, agradecendo expresamente a súa colaboración na posta en valor do municipio. Sinalou que esta participación cidadá súmase á aposta pola decoración do Nadal que realiza o propio Concello, permitindo chegar a máis espazos e lugares que, unicamente cos medios municipais, non sería posible abarcar. Neste senso, destacou que o concurso exemplifica un modelo de boa colaboración entre a administración local e a cidadanía, reforzando de maneira colectiva a imaxe de Mondoñedo durante as festas do Nadal.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.



