En Galicia contamos con extraordinarios referentes en moitos eidos. Un dos máis populares é Rosalía de Castro, porque encarnou como ninguén o sentir da alma do noso pobo. Outro é Castelao, que foi a conciencia mais profunda de nós.
Porén, tamén contamos con outros referentes extraordinarios que o seu coñecemento non chegou ao gran público. Unha veces por mala fe, outras por desidia institucional. Pero a súa divulgación sería un gran aporte á nosa autoestima como galegos.
Dentro deses outros referentes poderiamos empezar por Isidro Parga Pondal. Figura senlleira no eido económico e empresarial. Capaz de asociar economía con identidade ao tempo que soubo crear unha concepción económica innovadora que tivo no empresario Antonio Fernández López un dos seus mellores expoñentes.
Cómpre salientar neste caso que Galicia non tería aproveitado os seus recursos minerais sen o aporte de Parga Pondal. Responsable de que hoxe exista o Mapa Xeolóxico de Galicia. Unha achega fundamental para a economía galega.
Pero temos outros referentes sobranceiros que tamén uniron economía e identidade. É o caso de Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, creadores dun dos proxectos máis interesantes da Galicia do século XX. Estamos a falar do Laboratorio de Formas creado en 1963 e dando lugar ao renacemento da fábrica de Sargadelos.
Tampouco podemos esquecer a Enrique Peinador Lines. Un empresario de gran audacia e sempre comprometido co seu país. Un filántropo que soubo continuar e engrandecer a obra do seu pai, o médico pontevedrés Enrique Peinador Vela, fundador da empresa Augas de Mondariz e do seu gran Hotel Balneario.
E no cume do emprendemento empresarial de Galicia, en estreita relación co desenvolvemento das nosas potencialidades, cómpre salientar aos fillos de Antón de Marcos, os irmáns Fernández, que de tratantes de gando, chegaron nos anos setenta do século pasado a crear a maior empresa pesqueira de Europa occidental e primeira multinacional galega como foi Pescanova.
Enfín, é moito o que quedaría por dicir da súa obra e doutros persoeiros dos que non falei como Álvaro Gil ou Valentín Paz Andrade, pero todos Iles, ademais de contribuír ao desenvolvemento auto centrado de Galicia, tiveron tamén un compromiso insobornable coa nosa cultura e a nosa identidade. Algo fundamental para poder avanzar como un país de seu.
Porén, malia o noso potencial, decote, carecemos dun decidido compromiso institucional co noso desenvolvemento endóxeno acorde aos nosos valores identitarios e aos nosos recursos naturais. Unha tarefa, que de materializarse, de seguro que contribuiría a diminuír os atrancos para o normal desenvolvemento do país.
Aínda así, estou convencido que a forza dos nosos valores sempre serán quen de transcender o histórico abandono institucional e prender na alma de moita da nosa xente que a día de hoxe continúa pelexando para que perdure encendida a chama da esperanza dunha Galicia próspera e de seu.


















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.



