Ribadeo, 17 de xaneiro, 2026. O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando a súa aposta pola promoción e a prevención da saúde entre a poboación. Nesta nova edición, as sesións estarán dedicadas á prevención, control e mellora da calidade de vida das persoas que conviven coa diabetes, unha enfermidade moi prevalente que afecta de maneira especial ás persoas maiores.
O obxectivo destas actividades é ofrecer información clara e práctica para que a veciñanza poida comprender mellor a diabetes e aprender que, con pequenos coidados diarios, é posible manter unha boa saúde e unha boa calidade de vida.
📅 Datas e lugares das charlas
As sesións desenvolveranse nas escolas das parroquias, co seguinte calendario:
• Vilaselán · 27 de xaneiro · 18:00 h
• Ribadeo · 28 de xaneiro · 18:00 h
• Arante · 3 de febreiro · 16:30 h
• Cedofeita · 5 de febreiro · 16:15 h
• Cinxe · 9 de febreiro · 16:15 h
🗣️ Aposta pola prevención e pola información
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, destaca a importancia de manter este tipo de iniciativas: “Seguir apostando pola prevención e pola información é fundamental para coidarnos entre todos e mellorar a nosa calidade de vida”.
As charlas serán impartidas pola enfermeira de Benestar Social, María Roel, quen abordará cuestións como os síntomas da diabetes, os distintos tipos, os coidados diarios recomendados, os factores de risco e a importancia dun seguimento sanitario axeitado.
Sierra subliña tamén a relevancia destas accións para a poboación maior: “Coidar da saúde das persoas maiores e ofrecer ferramentas para uns coidados de calidade é unha prioridade para este Concello”.


























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



