Ribadeo, 27 de xaneiro de 2026. O pleno extraordinario e urxente que se celebrará esta tarde no Concello de Ribadeo a partir das 20 horas abordará cuestións relativas a urbanismo, ao ciclo da auga e a expropiacións na zona ZEC das Catedrais.
O alcalde, Dani Vega, contou que “esta tarde noite temos pleno municipal para abordar cuestións de importancia para Ribadeo. O primeiro punto vai ser a aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior da Área de Reparto D1-AR-11. Estamos a falar en termos urbanísticos, en consecuencia para construír vivenda, concretamente na rúa do cemiterio”.
O rexedor dixo que “tamén hai que asinar novamente o convenio dentro do marco plurianual 2026-2028 con Acisa. Aproveitamos tamén dende o Concello para felicitar polo traballo que están a facer nestes días de promoción turística, pero tamén no día a día en promoción do comercio. Tamén imos aprobar as expropiacións do programa Life da zona ZEC de As Catedrais: a resolución dos tres recursos de reposición; hai toma de coñecemento da declaración por parte da Xunta da ocupación urxente dos terreos. Foi ó Consello da Xunta, vén esa aprobación agora para esas expropiacións dos terreos do programa Life no ZEC das Catedrais e polo tanto é un paso importante”.
Vega seguiu a relatar: “tamén imos dar conta de todos os recursos no Tacgal sobre o proceso de licitación do ciclo de auga. Son dous e creo que é importante informar, poñer luz, transparencia a certas cuestións de licitacións de importancia para Ribadeo. Estes asuntos e varios de menos importancia van tratarse no pleno hoxe ás oito da tarde no Concello”.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



