A actuación, impulsada dende a Alcaldía, centrouse nunha pista do barrio de Guntín, mellorando o acceso directo a preto dunha decena de fogares
Vilalba, 19 de xaneiro de 2026. O Concello de Vilalba vén de completar a rexeneración dun dos viais de acceso a varias vivendas no barrio de Guntín, na parroquia de Sancovade. Trátase dunha actuación impulsada directamente desde a Alcaldía e orientada a mellorar as condicións de mobilidade da veciñanza.
Os traballos incluíron o barrido mecánico do firme, a aplicación dunha dobre rega asfáltica e un tratamento de selado. Estas intervencións permitiron mellorar de maneira notable o estado dunha pista duns 150 metros de lonxitude, que constitúe o único acceso ás vivendas ás que dá servizo.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández desprazáronse hoxe ata a zona para comprobar o resultado das obras e coñecer de primeira man o impacto da intervención no día a día da veciñanza.
Durante a visita, Marta Rouco destacou que “trátase dunha actuación moi necesaria, cun impacto directo no día a día dos veciños e veciñas, xa que estamos a falar dun vial polo que se accede de maneira exclusiva a varias vivendas”.
A rexedora subliñou tamén que “este tipo de intervencións, aínda que ás veces menos visibles, son fundamentais para garantir servizos públicos de calidade no rural e para dar resposta a necesidades reais da veciñanza”. Engadiu que o compromiso do goberno local é “seguir mellorando as infraestruturas municipais, atendendo tanto ao casco urbano como ás parroquias, con actuacións útiles e ben planificadas”.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


