Para compensar o peche do aparcadoiro no peirao, o Concello habilita unha zona de estacionamento en terreos situados fronte ao supermercado Familia
Navia, 19 de xaneiro de 2026. Tal e como estaba previsto dentro do plan de transformación urbana do municipio, o Concello de Navia anuncia o inicio das obras de ampliación do Paseo Marítimo na contorna do porto. Os traballos comezarán hoxe mesmo, supoñendo o arranque dunha intervención clave.
Debido ao despregamento de maquinaria e á natureza dos traballos na zona portuaria, o actual aparcadoiro do peirao deixará de estar operativo desde o mesmo inicio das obras.
Co obxectivo de minimizar as molestias ás persoas usuarias e garantir que o dinamismo comercial e residencial da zona non se vexa afectado, habilitáronse uns terreos fronte ao supermercado Familia, que servirán como área de estacionamento mentres duren os traballos.
Esta obra, que conta cun investimento global de 411.623 € (financiada en parte polos fondos europeos Next Generation a través do Plan de Sostibilidade Turística), ten un prazo de execución de tres meses. A intervención priorizará ás persoas peóns e eliminará barreiras arquitectónicas, respectando a estética de porto deportivo e o seu estreito vínculo coa actividade da construción naval.
A alcaldesa de Navia, Ana Isabel Fernández, pediu comprensión á veciñanza ante as molestias lóxicas que xera calquera obra desta envergadura: “Hoy damos el paso definitivo para que el Paseo Marítimo deje de ser solo una zona de tránsito y pase a ser un espacio de disfrute para todos. El aparcamiento alternativo frente al Familia garantiza que el centro siga siendo accesible mientras trabajamos en esta renovación necesaria que pone en valor nuestra fachada portuaria”.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



