A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández visitaron as actuacións realizadas para reforzar a seguridade e a funcionalidade do espazo
Vilalba, 30 de xaneiro, 2026. O Concello de Vilalba vén de realizar novas melloras no parque infantil da rúa da Emigración, co obxectivo de reforzar a seguridade e adaptar a infraestrutura ás necesidades detectadas no seu uso diario.
A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, visitaron o espazo para comprobar o resultado das actuacións, centradas principalmente na protección dos máis pequenos e na posta a punto de varios elementos de xogo.
Rouco explicou que estas intervencións “responden a peticións das familias e forman parte dunha forma de traballar baseada na mellora constante dos espazos públicos”. Engadiu que escoitar ás veciñas e veciños e introducir axustes cando é necesario “é clave para garantir que as infraestruturas cumpran correctamente a súa función”.
Entre as melloras realizadas destaca a instalación dun novo valado perimetral de 26 metros, unha demanda recorrente das familias para evitar situacións de risco. Tamén se substituíu o columpio de cesta por un novo e repúxose o asento da tirolesa, garantindo o bo estado e o uso seguro dos xogos.
A alcaldesa subliñou que os espazos infantís “requiren un seguimento continuo e actuacións periódicas”, e asegurou que a prioridade do goberno local é “a seguridade e o benestar das familias”.
Ademais, avanzou que, unha vez melloren as condicións meteorolóxicas, o Concello iniciará a renovación integral do parque Rosalía de Castro e instalará un novo parque infantil no campo da feira, xunto á pista multideporte, continuando así coa mellora dos espazos públicos destinados á infancia e ao lecer familiar.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



