Viveiro, 31 de xaneiro, 2026. O Partido Socialista de Viveiro e da Mariña manifesta a súa preocupación pola situación que vive a provincia de Lugo, que leva dez meses sen delegado ou delegada de Mar e Pesca, un posto clave para o funcionamento do sector e para garantir unha interlocución directa co sector mariñeiro.
Segundo sinalan, esta ausencia de nomeamento prexudica gravemente o servizo público, ao deixar sen dirección política unha área esencial nun territorio cunha relevancia pesqueira tan destacada como a Mariña.
O PSOE lembra que a anterior responsable da Delegación é quen hoxe exerce como alcaldesa de Viveiro, cargo que asumiu tras prosperar unha moción de censura. Durante a súa etapa á fronte da Delegación —cando era concelleira na oposición—, o posto foi utilizado, segundo denuncian, como plataforma de proxección política municipal, chegando a funcionar como un auténtico trampolín político.
Desde o Partido Socialista explican que, en numerosas ocasións, reunións de traballo entre a Xunta de Galicia e o Concello de Viveiro —con directores xerais ou responsables de área—, que deberían celebrarse no propio Concello coa alcaldesa de entón, María Loureiro, eran trasladadas de maneira intencionada á Delegación Territorial de Mar e Pesca. Unha práctica que, afirman, non respondía a criterios técnicos nin organizativos, senón á vontade de dar visibilidade política á entón delegada, garantindo a súa presenza na foto institucional e facendo un uso partidista dun cargo que debería ser estritamente institucional.
Na actualidade, subliñan, as reunións institucionais celébranse no Concello de Viveiro, “que é a casa de todos os veciños e veciñas”, e non nunha delegación empregada con fins políticos.
O PSOE lembra tamén que a actual alcaldesa chegou a intentar compatibilizar a Delegación de Mar e Pesca coa Alcaldía, algo que finalmente non foi permitido, o que —segundo indican— confirma o carácter político que se pretendía dar a ese posto.
O que consideran especialmente grave é que, dez meses despois da súa saída, a Xunta de Galicia non procedese aínda ao nomeamento dunha substitución estable, o que fai temer que este cargo siga a ser tratado como unha peza máis da estratexia partidista, en lugar de responder ás necesidades reais do sector pesqueiro e do territorio.
“A Mariña e a provincia de Lugo necesitan máis que nunca unha Delegación Territorial de Mar e Pesca centrada en traballar polo sector, non en servir de trampolín político nin de ferramenta de campaña. O que reclamamos é un delegado ou delegada XA, con compromiso institucional e co territorio”, sinalan desde o PSOE.
O Partido Socialista esixe á Xunta de Galicia que actúe con responsabilidade institucional, nomee de inmediato unha persoa cualificada ao fronte da Delegación Territorial de Mar e Pesca en Celeiro-Lugo —como ocorre noutras consellerías— e poña fin ao uso partidista dun cargo que debe estar ao servizo do sector mariñeiro e da veciñanza.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



