Aínda que xa rematou, ás veces vemos publicacións que mismiño parecen una broma de Antroido.
Pero no!! é o bng criticando unha pista de terra…
Salen de cando en vez decindo, criticando…e outras ata esixindo o arranxo de determinadas cousas que eles mesmos deixaron abandoadas. Ollo! Critican o que eles mesmos deixaron abandoado despóis de vinte anos!! Non sabemos se ten gracia… ou da mágoa…
A realidade é que non hai unha. Hai moito que arranxar, pistas e o que non son pistas, porque si algo deixaron foi traballiño por facer. O abandono era absoluto, porque ademáis o pouco que se facía era moi pouco responsable e en consecuencia pouco duradeiro.
Por suposto que hai moito por facer aínda!! Calquera cousa lles vale para ocupar un mínimo
espazo…ata criticarse a eles mesmos… falsean tanto a realidade que todo lles vale… O único que logran é demostrar a división interna que xa todos coñecemos e a falta de coordinación á que os leva esa división.
Chama a atención que critiquen o estado dalgunha pista cuando en vinte anos non apareceu por aquí unha motoniveladora para amañar nin unha sóla carretera de terra!! Bueno, nin de terra nin das outras!!
Ó que nós nos referimos, é que en vinte anos non tiveron planificación ningunha para arranxar nada e venen agora esixindo. En dous anos e medio fixemos todo o que os tempos e a burocracia permiten. Detrás de cada actuación hai moito traballo e moita responsabilidade. Coa axuda da Xunta de Galicia, veu unha motoniveladora e xa se amañaron as parroquias da costa e algunha do interior e pouco a pouco iremos concretando todo o concello. Costa entender que deixaran todo como o deixaron esixindo como esixen en dous anos e medio.
Por outro lado, antes de falar era bo informarse porque nunhos casos estase sacando madeira e hai maquinaria pesada traballando. Avanzamos moito pero a madeira, de momento, polo aire non sae… Este concello xa firmou un convenio con Lugomadera e teñen a obriga de arranxar as pistas e noutros casos outras empresas que as utilizan, tamén se chegou a un acordo de colaboración por parte delas para o arranxo dos danos causados. Non todo vai tan rápido como quixéramos pero hai interés porque ata agora ninguén se preocupou das pistas.
Non vaian tan animados ver o que está mal e valoren un pouco o que se fixo en pouco tempo que foi moito…. Seguramente terían máis credibilidade.
En fin, unha semana máis, nós ó noso, traballando por e para Ribadeo e defendendo sempre os intereses dos nosos veciños.


















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



