A medida combina equidade sanitaria e apoio ao comercio local dos concellos de todo o territorio
Lugo, 2 de febreiro de 2026. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitou hoxe en Vilalba unha das ópticas adheridas ao Plan VEO para dar a coñecer esta iniciativa estatal destinada a garantir o acceso universal á saúde visual na infancia.
Durante a visita, na que estivo acompañada pola alcaldesa Marta Rouco, a subdelegada puxo en valor que “ver ben non pode depender da capacidade económica das familias, porque a saúde visual está directamente relacionada coa aprendizaxe, coa igualdade de oportunidades e co desenvolvemento persoal dos nenos e nenas”.
O programa, impulsado polo Gobierno de España a través do Ministerio de Sanidade, establece unha axuda directa de ata 100 euros ao ano para menores de 16 anos con problemas de refracción visual.
Na actualidade xa se adheriron ao plan 65 ópticas na provincia de Lugo, dentro dunha rede de 532 establecementos en toda Galicia. Isto contribuíu a que a comunidade rexistre 4.529 solicitudes e a taxa de acceso máis alta do Estado en relación á súa poboación.
A subdelegada agradeceu expresamente a implicación da óptica Que Ves, subliñando “o esforzo e o compromiso do comercio local en concellos como Vilalba para converter as políticas públicas en solucións reais e próximas á cidadanía”. López incidiu tamén en que o programa “non só mellora a saúde visual da infancia, senón que reforza o comercio de proximidade e dinamiza a economía das nosas vilas e cidades”.
Segundo lembrou, un de cada dez menores presenta problemas de visión non corrixidos por motivos económicos, unha situación que pode afectar ao rendemento escolar, á autoestima e á vida diaria. “Actuar a tempo é garantir futuro”, resumiu.
Unha axuda directa, sinxela e sen límites de renda
O Plan VEO financia ata 100 euros por menor e ano. Se o produto óptico custa menos desa cantidade, a axuda cobre o total. Se o supera, a familia só paga a diferenza.
Non existen límites de ingresos: o único requisito é a necesidade médica acreditada dun problema de refracción visual.
Quen pode beneficiarse
Poden acceder menores de ata 16 anos inclusive con dereito á asistencia sanitaria pública e diagnóstico de miopía, hipermetropía ou astigmatismo.
Tamén están incluídos menores con aseguramento a través das mutualidades administrativas (MUFACE, MUGEJU e ISFAS).
Que produtos se inclúen
• Lentes graduadas completas con montura básica e cristais orgánicos antirreflexo
• Cambio só de cristais en monturas existentes
• Lentes de contacto
• Solución líquida de mantemento para un ano no caso das lentes de contacto
Trátase dun dos gastos sanitarios privados máis elevados para as familias e que non estaba cuberto pola sanidade pública.
Como se solicita
A tramitación realízase exclusivamente de forma presencial nas ópticas adheridas. Os pais, nais ou titores legais solicitan a axuda no propio establecemento, que se encarga de toda a xestión administrativa. As ópticas participantes identifícanse cun adhesivo específico visible no exterior e interior do local.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



