As prazas dispoñibles pasan de seis a doce e son os servizos sociais municipais os que se encargan da selección dos usuarios
Castro de Rei, 12 de febreiro do 2026. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, destacou hoxe a importancia de seguir consolidando unha rede de recursos locais que chegue a todos os recunchos da xeografía galega, en especial aos concellos rurais e con menor poboación. Fíxoo tras firmar co alcalde, Francisco Javier Balado Teijeiro, a renovación e ampliación do convenio de adhesión do concello de Castro de Rei ao programa Xantar na Casa da Xunta de Galicia.
Con este acordo o concello duplica o número de prazas dispoñibles ao abeiro desta iniciativa, pasando das seis actuais ás doce. A través do Xantar na Casa, garántese unha alimentación saudable, equilibrada e adaptada a necesidades dos maiores que viven sos, das persoas con dependencia ou que están en risco de exclusión social.
Perfecto Rodríguez explicou que son os servizos sociais municipais os encargados de seleccionar ás persoas beneficiarias do programa, que reciben nos seus fogares e nunha única entrega o menú para os sete días da semana, festivos incluídos. Polo tanto, os usuarios so teñen que quentar os alimentos antes de consumilos. Ademais, facilítaselles neveira e microondas no caso de que non dispoñan deles.
O prezo de cada menú é de 7,32 euros, dos que a Xunta financia 3,46 euros, que supoñen practicamente o 50% do total, e o resto é asumido a partes iguais polo concello e o usuario: 1,95 euros cada un.
Na actualidade, o Xantar na Casa chega a máis de 2.500 persoas e a máis de 200 concellos de toda Galicia, repartíndose cada semana máis de 17.500 menús.



















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



