A reunión enmárcase no modelo de cogobernanza que caracteriza a xestión pesqueira en Galicia e permitiu facer unha primeira valoración da presente campaña
Santiago de Compostela, 20 de febreiro do 2026. O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo un encontro cos presidentes da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e das federacións provinciais para abordar o deseño do plan experimental para a xestión do polbo (Octopus vulgaris) de cara á campaña 2026/27. A xuntanza insírese no marco do modelo de cogobernanza que preside a política pesqueira da Comunidade, baseado no diálogo permanente e na toma de decisións compartida entre a Administración autonómica e o propio sector.
Este primeiro encontro serviu para sentar as bases do novo plan de xestión de cara á próxima campaña, abrindo un proceso de traballo conxunto que permitirá analizar os resultados das medidas adoptadas, avaliar a súa eficacia e avanzar na definición das condicións máis axeitadas para compatibilizar a conservación do polbo coa viabilidade económica da frota que depende deste recurso. Tamén realizouse unha valoración da presente campaña xunto coas medidas adoptadas, considerando satisfactorio o seu resultado.
A Consellería do Mar reafirma así o seu compromiso cunha xestión responsable e participada dos recursos pesqueiros, sustentada no coñecemento técnico, no consenso co sector e na adaptación continua ás necesidades da actividade e do medio mariño.



















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



