A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou o convenio de colaboración con esta entidade
Santiago de Compostela, 25 de febreiro do 2026. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou hoxe un novo convenio de colaboración coa Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para o ano 2026, co obxectivo de seguir apoiando o funcionamento ordinario desta entidade representativa dun oficio esencial para a actividade pesqueira galega.
O acordo, subscrito no despacho da titular de Mar, contempla unha achega de 10.000 euros por parte da Xunta para sufragar gastos correntes derivados da actividade que desenvolve a federación. Deste xeito, o Goberno galego mantén un apoio continuado a esta entidade desde hai anos, cun investimento acumulado que alcanza os 122.000 euros desde o 2017.
Durante o encontro, Marta Villaverde puxo en valor o papel estratéxico das redeiras dentro da cadea mar-industria e reiterou o compromiso do Goberno galego coa dignificación, visibilización e fortalecemento deste colectivo, clave para a seguridade, a eficiencia e a sustentabilidade das artes de pesca.
A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, creada en 2004 e con sede en Malpica, integra na actualidade oito asociacións ao longo do litoral galego e representa arredor de 150 profesionais. Entre os seus obxectivos figuran a mellora das condicións laborais e económicas das redeiras, a loita contra o intrusismo, o fomento da prevención de riscos laborais, a promoción da igualdade e o impulso do relevo xeracional.
A Consellería do Mar destaca a colaboración con esta entidade para avanzar na profesionalización do oficio, reforzar a súa competitividade e garantir o futuro dun sector tradicional e imprescindible para a pesca galega.
















O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



