Os populares comparten o “malestar” dos veciños polas “deficiencias” no servizo de Correos que se debe á “falta de persoal”: actualmente só hai dous carteiros para atender a todas as parroquias de Alfoz e O Valadouro
O Valadouro, 27 de febreiro de 2026. “O Goberno de Sánchez confirma a redución de persoal no servizo de Correos de Alfoz e O Valadouro xa que recoñece que extinguiu unha praza da quenda de mañá”, segundo explica José Manuel Balseiro tras recibir a resposta oficial do Goberno do Estado ás preguntas formuladas na Cámara Alta polos senadores do PP lucense a petición do alcalde do Valadouro, José Manuel Lamela, ante a fonda preocupación existente pola redución de persoal e o deterioro do servizo postal no municipio.
O senador mariñán condena “as deficiencias no funcionamento” de Correos, dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, debido “á falta de persoal que deriva na saturación das oficinas. E os que máis sofren os atrasos no reparto son as zonas rurais”, lamenta.
Balseiro explica que “o Goberno recoñece, na súa resposta, que ata o 2025 había catro prazas de mañá e a partir dese ano reduciron unha praza pola mañá -ata quedar con tres- ao que hai que restar, na actualidade, unha baixa sen cubrir -polo que o servizo conta na actualidade con dous efectivos-. Polo tanto, dende os catro traballadores que había no 2024 na quenda de mañá, na actualidade o servizo conta só con dous carteiros que teñen que atender todas as parroquias dos dous municipios, Alfoz e O Valadouro.
O alcalde engade que “o pasado mes de decembro, por exemplo, na oficina de Ferreira non se cubriu a baixas por xubilación -a praza que foi extinguida polo Goberno do Estado- ni as baixas temporais do persoal de reparto”. E subliña que “somos coñecedores do esforzo que fai o persoal que está traballando; pero, coa falta de persoal, é moi difícil cubrir o reparto de tódalas parroquias dos dous municipios” con núcleos de poboación moi dispersos: dende Vilacampa ata O Cadramón, O Pereiro ou As Oiras.
José Manuel Balseiro quixo destacar “o papel dos carteiros” e “especialmente no rural” como contrapeso á perda doutros servizos básicos, como bancos ou oficinas administrativas. De feito, a través de Correos pódense realizar trámites como o pago de recibos de auga, luz ou teléfono, o abono de tributos ou mesmo o rexistro de documentación, cartas e paquetería”.
Desde o Partido Popular reclaman ao Goberno de Sánchez que “adopte medidas urxentes para garantir un servizo postal digno e de calidade no rural lucense, evitando que a falta de persoal continúe prexudicando, neste caso, aos veciños do Valadouro e Alfoz”, segundo inciden os populares.
“O Goberno do PSOE recorta os servizos para os veciños e veciñas destes municipios”, conclúe Balseiro.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



