Os concelleiros populares consideran “unha tomadura de pelo gastar os cartos públicos deste xeito, en actuacións mal executadas, sen control e sen garantir unha mínima durabilidade, mentres moitas vías de comunicación fundamentais para os veciños do rural seguen abandonadas e nun estado lamentable”
Vilalba, 6 de febreiro de 2026. O PP de Vilalba denuncia a situación lamentable na que se atopan as coñecidas como pistas “Low Cost” de Marta Rouco e Modesto Renda nas parroquias de Nete, Árbol e Carballido, unhas vías que foron reformadas no ano 2025 e que, a día de hoxe, presentan un estado claramente deplorable.
Dende o PP de Vilalba critican que esta situación é unha mostra máis da mala xestión do bipartito municipal, que “actúa sen planificación, sen criterios técnicos e guiándose unicamente por intereses partidistas á hora de arranxar as vías do rural”. Os concelleiros populares insisten nas pistas de Nete, Árbol ou Carballido como exemplos claros dunha forma de gobernar “improvisada e ineficaz, na que as obras non chegan nin a aguantar unha lexislatura completa”.
Desde o Grupo Popular “consideramos unha auténtica tomadura de pelo gastar os cartos públicos deste xeito, en actuacións mal executadas, sen control e sen garantir unha mínima durabilidade, mentres moitas vías de comunicación fundamentais para os veciños e veciñas do rural seguen abandonadas e nun estado lamentable”.
Ademais, denunciamos que o goberno local está a realizar reformas “á carta”, priorizando vías de titularidade municipal que dan servizo a cargos socialistas, como sucede na parroquia de Mourence, mentres se desatenden camiños e pistas que utilizan a diario numerosos veciños para acceder ás súas vivendas, explotacións e servizos básicos.
Desde o Grupo Popular de Vilalba “esiximos unha planificación seria, transparente e baseada no interese xeral, así como explicacións sobre o uso dos fondos públicos e sobre a execución destas obras que, apenas uns meses despois de seren reformadas, xa presentan graves deficiencias”.


























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



