Lourenzá, 6 de febreiro de 2026. Ante as novas publicadas nos medios de comunicación e para que a veciñanza estea verazmente informada, o Concello de Lourenzá aclara que “a principios do mes de xaneiro se solicitou con carácter urxente ó Servizo de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación Provincial asistencia no exercicio das funcións de secretario-interventor con motivo da baixa da secretaria interventora titular deste Concello. Dito servizo respondeu con celeridade e actualmente hai asignada unha secretaria interventora accidental da Deputación para os trámites diarios da actividade municipal e que prestará servizo mentres non se cubre a praza polas formas de provisión previstas. Neste sentido xa se cursou tamén solicitude a Dirección Xeral de Administración Local, da Xunta de Galicia, para que sexa convocada a praza de interino para cubrir o posto vacante da secretaria titular”.
O Concello de Lourenzá agradece a colaboración do ente provincial e agarda que dende a Dirección Xeral de Administración Local se poida tamén cubrir a vacante solicitada.
En canto ao proceso selectivo para cubrir a praza de administrativo, o Concello de Lourenzá explica que “xa esta solicitado o tribunal á Deputación de Lugo e estará resolto tamén en breve”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



