Mondoñedo, 2 de febreiro, 2026. O ensaísta, crítico literario e investigador Luís Alonso Girgado recibirá o Cunqueiriano de Honra 2026 o sábado 28 de febreiro, nun acto que terá lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo, acompañado por diversas autoridades. Será o décimo galardoado desde a creación desta distinción.
O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro promoven este recoñecemento para destacar o labor de persoas que contribuíron á difusión e posta en valor da figura do escritor mindoniense. A comisión encargada de escoller ao homenaxeado decidiu, por maioría, distinguir a longa e sólida traxectoria de Luís Alonso Girgado, un dos principais especialistas na obra de Cunqueiro.
O xurado estivo formado por César Cunqueiro, Xosé Manuel Soutullo, Alberto García Fernández, Antonio Reigosa, Abel Vigo García, Miguel González Somovilla e Armando Requeixo.
Nado en Ferrol en 1946, Alonso Girgado é un dos ensaístas e críticos galegos máis destacados das últimas décadas. Foi catedrático de Lingua e Literatura e secretario científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. A súa contribución ao estudo e edición da obra cunqueiriana é extensa, con edicións de artigos, poemarios, facsímiles, epistolarios e materiais audiovisuais fundamentais para a investigación sobre o autor.
Co seu nomeamento, que inclúe figura conmemorativa e diploma acreditativo, o Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro consolidan unha traxectoria de recoñecementos que en anos anteriores distinguiu figuras como Darío Villanueva, Víctor F. Freixanes, Rexina Vega, César Antonio Molina, Manuel Lourenzo ou Claudio Rodríguez Fer, entre outros.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



