Ribadeo, 6 de febreiro, 2026. O BNG de Ribadeo reclama ao goberno municipal que poña fin ao alugueiro do camión do lixo e inicie os trámites para adquirir un vehículo en propiedade. A formación lembra que o Concello leva pagados arredor de 130.000 euros desde mediados de 2023, unha cantidade que consideran “máis que suficiente” para avanzar na compra dun camión propio.
Segundo explica o concelleiro nacionalista Martín Graña, o alugueiro actual, cun custo mensual de 4.500 euros, non é rendible para as arcas municipais. “Os datos falan por si sós: levamos case dous anos pagando un alugueiro que non é rendible para o concello. Con planificación e vontade política, Ribadeo podería contar xa cun camión do lixo en propiedade, aforrando cartos e garantindo un bo servizo”, afirma.
Graña advirte de que este gasto recorrente limita a capacidade económica do Concello para atender outras necesidades urxentes ou achegar fondos propios que permitan optar a subvencións doutras administracións. “Cada mes que pasa destínanse 4.500 euros a un aluguer cando ese diñeiro podería empregarse en investimentos útiles para a veciñanza”, engade.
O BNG defende que a compra dun camión do lixo é a opción “máis responsable e sostible”, tanto desde o punto de vista económico como da xestión dos servizos públicos. Por iso, insta ao goberno local a iniciar canto antes o proceso de adquisición.
“O noso obxectivo é achegar solucións e propostas realistas que melloren Ribadeo. Comprar o camión do lixo é unha decisión lóxica, necesaria e beneficiosa para todas e todos”, conclúe Graña.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


