Burela, 28 de febreiro, 2026. O encontro comezou cun momento especial, non só pola volta a Vista Alegre de tres exxogadoras —Cami, Jozi e Dany—, senón tamén polo recoñecemento previo á xogadora infantil das Escolas Burela FS, Paula López, e ao segundo adestrador do equipo sénior feminino e coordinador da base, Jairo Campo. Ambos recibiron un agasallo do club pola súa participación no Campionato de España Sub14 e Sub16, no que Jairo acadou o subcampionato. A entrega realizouse da man da presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, acompañada polo presidente do Reyco Burela FS, José Luis Sáez, e a tesoureira Yolanda Álvarez.
O partido non puido comezar mellor para o Burela: Miriam marcou no minuto 1 cun disparo exterior nunha xogada de estratexia. No 3, Cris Blanco rozou o segundo pau tras un pase longo de Ana Eliza nunha saída rápida. No 8, Paola estrelou un balón no pau nun man a man coa porteira local tras unha recuperación en campo rival. Só uns segundos despois, Miriam asinou o 0-2 cun disparo escorado ao primeiro pau. O marcador mantívose ata o descanso.
Na segunda metade o Burela mantivo a intensidade. No 25, un envío ao segundo pau non puido ser rematado por Silvia tras desviar a defensa local. No 30, Lara non chegou por pouco a un balón que acabou nas mans de Mariña, que defendeu a portería do Alcantarilla neste período. No 31 chegou o 3-0, obra de Bet, que aproveitou un rexeite na área cun disparo que rozou o traveseiro tras un tiro afastado de Cami.
O Burela buscou recortar distancias e no 32 Lara saíu como porteira-xogadora, iniciando varios minutos de asedio á portería local. No 34 entrou Irene coa elástica negra e, nese mesmo minuto, chegou unha das ocasións máis claras: un pase longo perfecto de Ana Eliza deixou a Silvia diante de Mariña, pero a porteira respondeu cunha gran intervención desviando o disparo á banda.
Ficha Técnica Reyco Burela FS 0-3 LBTL Futsal Alcantarilla
Reyco Burela FS (0): Ana Eliza; Cris Blanco, Sandra, Lara, Irene -quinteto inicial-, Laura Barranco, Silvia Rubal (C), Macarena, Marina, Lari, Gabi, Mara.
LBTL Futsal Alcantarilla (3): Jozi Oliveira; Bet, Miriam (C), Pao, Paola –quinteto inicial-, Cami, Toñi, Dany, Cata, Ana Belén, Marina (P).
Goles: 0-1, min. 1: Miriam. 0-2, min. 8: Miriam. 0-3, 31: Bet.
Árbitros: Javier Menéndez // Carlos Jesús González Pardal // Andrea de Luis. Por parte do Reyco Burela viron tarxeta amarela Sandra (23’) e Irene (32’). Por parte do LBTL Futsal Alcantarilla, Bet (23’)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 20 de 1ª División Iberdrola FS disputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



