Ribadeo, sábado 28 de febreiro 2026. O BNG de Ribadeo vén de anunciar que Martín Graña será o novo candidato á Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais, tomando o relevo de Pablo Vizoso, quen ata o de agora exerceu como portavoz municipal e anterior candidato. Na tarde deste venres, a militancia do BNG de Ribadeo escolleu en asamblea a Martín Graña como o candidato a alcaldía para as eleccións do ano 2027. O actual concelleiro pasará tamén a desempeñar a función de portavoz do grupo municipal. O ata agora portavoz Pablo Vizoso seguirá formando parte do equipo como concelleiro do Bloque na corporación.
O anuncio produciuse a mañá deste sábado. No acto Vizoso sinalou que esta decisión se toma “desde a responsabilidade e o compromiso ca veciñanza e que o equipo queda en boas mans na figura de Martín Graña.”
Pola súa parte, Martín Graña mostrábase “ilusionado e con vontade de construír unha alternativa forte e solvente para poñer a Ribadeo onde merece estar” Graña asume este reto ca determinación de seguir ampliando a base social poñendo as persoas no centro das políticas municipais. “É unha honra asumir esta responsabilidade. Afróntoa con ilusión e coa vontade de escoitar, aprender e mellorar día a día. Ribadeo ten un potencial enorme que merece ser reforzado con boa xestión, con bo facer e con rigor. Debemos construír a alternativa entre todas e todos, con esperanza e proxecto para mellorar a vida das persoas, diso se trata a política. E xa o digo claramente, o vindeiro ano saímos a gañar, queremos volver a gobernar este concello”
O novo candidato destacou tamén o labor desenvolvido por Pablo Vizoso ao fronte da portavocía municipal, agradecendo o seu compromiso, dedicación e defensa constante dos intereses da veciñanza de Ribadeo. A súa etapa deixa unha base sólida sobre a que seguir medrando e avanzando.
O BNG dá comezo así a unha nova etapa, na que combina experiencia e renovación, co obxectivo de consolidar unha alternativa forte, ilusionante e preparada para volver liderar o concello desde a proximidade, a transparencia e o compromiso.




























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



