Os representantes do PP explican que “esta sentenza reforza ao noso partido como o verdadeiro garante da legalidade” tras un longo proceso, “e hoxe ten que quedarlle claro á presidenta da Deputación, ao PSOE e ao BNG que non están por enriba da lei, que non son impunes e o Tribunal Supremo explicoulles que as actitudes ditatoriais á fronte dos gobernos non teñen cabida”
Lugo, 6 de febreiro, 2026. Os tres últimos voceiros do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo —Elena Candia, Javier Castiñeira e Antonio Ameijide— ofreceron este venres unha rolda de prensa para valorar a sentenza do Tribunal Supremo que declara nula a compra dunha acción de Tragsa por parte da Deputación e as posteriores encomendas de xestión á empresa pública.
A resolución, a sentenza 48/2026 do 22 de xaneiro, é firme e estima na súa totalidade o recurso presentado polo Grupo Provincial Popular. O fallo anula as decisións adoptadas polo goberno provincial do PSOE e do BNG, ao considerar que vulneraron a lei de contratos e os procedementos de contratación pública.
“Non están por enriba da lei”
Os populares aseguraron que a sentenza deixa claro que “a presidenta da Deputación, o expresidente e os partidos que gobernan non están por enriba da lei nin son impunes”. Engaden que o Supremo “di alto e claro que o sectarismo e a actitude ditatorial non teñen cabida” e que as decisións adoptadas polo executivo provincial “saltaron a lei de contratos e a libre concorrencia”.
O PP destaca que esta resolución “reforza o papel do Partido Popular como garante da legalidade”, tras un proceso iniciado con Elena Candia como portavoz, continuado por Javier Castiñeira e culminado en 2026 con Antonio Ameijide.
Orixe do conflito: a compra dunha acción de Tragsa
Segundo explicou o Grupo Provincial Popular, o goberno presidido por José Tomé decidiu adquirir unha acción de Tragsa coa “intención política” de extinguir Suplusa e deixar sen protección á maior parte dos seus traballadores.
A compra realizouse “sen consultar co pleno” e permitiu, segundo o PP, adxudicar directamente traballos provinciais á empresa pública “sen procedemento ordinario nin concorrencia”.
O contencioso-administrativo de Lugo xa dera a razón ao PP en marzo de 2022, declarando nulas tanto a adquisición como a encomenda de xestión. O goberno provincial recorreu ao TSXG, que admitiu a apelación, o que levou ao PP a elevar o caso ao Supremo.
O Supremo crea xurisprudencia
Para o PP, o primeiro éxito foi que o Supremo aceptase o caso por interese casacional, ao tratarse dunha cuestión relevante: se a integración dunha administración nunha sociedade pública mediante a compra de capital social require ou non autorización expresa do pleno.
A sentenza conclúe que si, e que a Deputación vulnerou as competencias plenarias.
Os populares afirman que o fallo “pon de manifesto a actitude ditatorial, a prepotencia e a soberbia” do goberno provincial, ao “obviar aos representantes dos cidadáns e actuar como se a institución fose o seu cortello particular”.
Que pasa agora?
O PP sinala que quedan varias incógnitas por resolver:
• Que ocorrerá coa participación da Deputación en Tragsa.
• Que pasará cos traballadores que debían ser subrogados pola Deputación e foron enviados a Tragsa.
• Que sucederá cos encargos realizados e quen os asumirá.
Os populares subliñan que a sentenza “crea xurisprudencia a nivel estatal” e demostra que o goberno provincial “saltouse a lei ata o punto de que o Supremo confirmou as súas ilegalidades”.
Tamén lamentan que Lugo “volva ser exemplo do que non se debe facer nunha institución pública” e cuestionan se haberá responsabilidades políticas: “Debería habelas, pero estes dous partidos demostraron que perderon o respecto á ética, á moralidade e á decencia”.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



