O PSdeG cualifica os feitos de extrema gravidade e anuncia que levará a situación ao Parlamento de Galicia e ao vindeiro pleno municipal para esixir explicacións e garantir a protección das persoas usuarias
Cervo, 2 de febreiro de 2026. O PSdeG-PSOE de Cervo denuncia publicamente unha actuación que cualifica de “extrema gravidade e absolutamente intolerable” por parte do goberno local do Partido Popular, tras coñecer que persoal municipal se presentou no domicilio dunha persoa usuaria do Servizo de Axuda no Fogar, con dependencia recoñecida de grao III, para solicitarlle que asinase un documento que implicaba a redución voluntaria dunha parte das horas de atención que ten recoñecidas.
Segundo trasladaron os familiares da persoa afectada á voceira socialista, María Luján Ramos, os feitos producíronse o pasado xoves, cando unha técnica municipal se presentou sen aviso previo á familia no domicilio da usuaria para solicitarlle que asinase un documento no que renunciaba voluntariamente a unha parte das horas de atención que ten asignadas. “Falamos dunha persoa con dependencia recoñecida de grao III, sen capacidade para comprender nin asinar un documento destas características. Se non chega a ser pola intervención dunha familiar, que chegou ao domicilio nese momento e pediu comprobar que se lle estaba dando a asinar, tería renunciado a parte das horas de atención ás que ten dereito” advertiu.
Dende o PSdeG tamén alertan de que ese mesmo día se terían producido actuacións similares con, como mínimo, outras dúas persoas usuarias no municipio, un feito que xera unha fonda preocupación entre as familias afectadas e que leva aos socialistas a cuestionar as formas e a falta de garantías coas que o goberno municipal do PP está a xestionar este servizo público esencial.
Para as e os socialistas de Cervo este suceso é “inadmisible, gravísimo e impropio de calquera administración pública”. “Estamos a falar de persoas dependentes, sen capacidade para asinar este tipo de documentos e ás que se tentou inducir a renunciar a dereitos que lle corresponden. É absolutamente inaceptable que o goberno do PP permita ou impulse actuacións deste tipo contra persoas especialmente vulnerables”, subliñou a voceira.
O PSdeG anunciou que esixirá explicacións ao goberno do Partido Popular polos feitos acontecidos e que levará esta situación ao Parlamento de Galicia. Ademais, trasladará o asunto ao vindeiro pleno municipal de Cervo, onde reclamará ao Executivo local explicacións públicas, a asunción de responsabilidades políticas e garantías efectivas de protección para as persoas usuarias do servizo.
“Estamos a falar dunha actuación moi grave que afecta aos dereitos de persoas dependentes e que non pode quedar sen consecuencias. O SAF é un servizo público esencial que debe prestarse con todas as garantías. Dende o PSdeG imos actuar con firmeza para aclarar o sucedido e para que o goberno do PP deixe de xogar cos dereitos das persoas máis vulnerables”, concluíu Ramos.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



