Foz, 8 de febreiro, 2026. Pernas do Centiño celebra en 2026 o seu 43º ano desfilando no Entroido de Foz, unha traxectoria que reflicte a continuidade xeracional do grupo: o que comezou cunha cuadrilla de mozos de vinte anos conta hoxe con integrantes que xa desfilan xunto aos seus propios fillos.
O nome do grupo naceu nos anos 80, inspirado por un conxunto de Ferrol chamado Pernas del Río, que participara no desfile de Foz. En homenaxe a elas e ao río Centiño, que desemboca na ría, adoptaron o nome Pernas do Centiño.
Ao longo de máis de catro décadas acumularon innumerables disfraces, pero un dos máis lembrados foi o de Tarzán, unha das propostas máis arriscadas. Aquel ano entraron na dársena en barco e, antes de comezar o desfile, o integrante que facía de Boy caeu á auga.
Xa durante a actuación, o frío extremo e unha escena na que Tarzán debía “salvar” a Boy dun crocodilo complicaron a posta en escena, que rematou cos protagonistas case espidos soportando un vento xeado durante todo o percorrido.
Outro momento histórico foi o desfile de 2006, no que representaron á orquestra Mozart. A choiva e o vento obrigaron a moitos grupos a retirarse, pero Pernas do Centiño decidiu continuar, evocando o espírito da orquestra do Titanic e completando o traxecto baixo un temporal memorable.
Co paso dos anos, o grupo converteuse nun clásico do Entroido focense, recoñecido pola súa creatividade e pola expectación que xeran en cada edición. Non é raro escoitar entre o público o xa tradicional “Aí veñen eles” cando se achegan durante o desfile.
Pernas do Centiño está formado actualmente por 31 compoñentes.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



