O Entroido de Cervo repartiu os seus premios nas diferentes categorías, nunha edición chea de creatividade e participación. Individuais infantís: 1º Baby Groot, 2º Little Rock Star, 3º A japonesiña da aldea. Individual adulto: 1º Dama de Poker. Parellas infantís: 1º Esquimales, 2º Bluey e Bingo. Grupos infantís: 1º As carabelas da Mariña, 2º Velliños. Grupo adulto: 1º Brisa de colores, 2º Familia numerosa, 3º El rebaño. Comparsas infantís: 1º Pasiños, 2º Gripe Aviar, 3º Stranger Things San Ciprián. Comparsas adultos: 1º Furbidelos, 2º Non me pasa a pena…, 3º Circo da Lúa.




















Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



