O Entroido de Cervo repartiu os seus premios nas diferentes categorías, nunha edición chea de creatividade e participación. Individuais infantís: 1º Baby Groot, 2º Little Rock Star, 3º A jap... Ler máis
Os desfiles, de Cervo, San Cibrao e San Román, son os pratos fortes nunha semana chea de actividades Cervo, 14 de Febreiro de 2025. O Concello de Cervo xa ten todo a punto para celebrar un e... Ler máis
Estivo organizado pola Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe e a asociación de montes veciñais, coa colaboración do Concello. Repart... Ler máis
Este luns celebrouse a Festa de Entroido na Escola Infantil Municipal con merenda incluída a base de sobremesas típicas destas datas. Ler máis
Este luns, 20 de febreiro, será a Festa Infantil de Entroido, na carpa da Praza dos Campos. Con inchables (desde as 16:00 horas) e chocolate con churros ás 18:00 horas; ás 19:30 horas está p... Ler máis
Este sábado comezan as actividades para os máis pequenos da casa coa actuación musical infantil “Vaia ritmo”, ás 12:30H na Carpa da Praza do Souto. E o luns coa Festa infantil co... Ler máis
Estas son as receitas premiadas no concurso de larpeiradas de Entroido. Categoría adulto: 1º premio para Paloma, pola súa receita de orellas. 2º premio para Elba, pola súa receita de filloas... Ler máis
Cervo, 15 de febreiro, 2021. O Concello de Cervo programa para este Martes de Entroido, un concurso ao mellor disfrace. Os premios serán lotes de produtos típicos de Entroido. As categorías... Ler máis
Cervo, 11 de febreiro, 2021. Sabedores que este Entroido que está ás portas vai ter que ser, pola actual situación sanitaria, ben diferente. Pero iso non quere dicir que o espírito de Don C... Ler máis

















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



