Burela, 27 de febreiro, 2026. A Fundación Expomar está a impulsar o proxecto “Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable. Congreso da infancia e da adolescencia”, que se desenvolverá ao longo dos anos 2025 e 2026. A iniciativa está financiada no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e do GALP A Mariña-Ortegal.
Coñecido popularmente como “Xeración Peixe”, o proxecto inclúe múltiples actividades nas que colaboran diferentes sectores e persoas de distintas xeracións: centros educativos, centros de maiores e entidades de inclusión social.
Durante o mes de marzo realizaranse varias limpezas de praias co alumnado de primaria e secundaria de Burela, coa colaboración do centro de educación ambiental Gaia. O lixo recollido empregarase posteriormente nunha exposición de sensibilización sobre a importancia de manter limpo o medio mariño.
Tamén en marzo celebraranse obradoiros de arte mareiro en centros de inclusión social da contorna, nos que se elaborarán pezas artesanais que se entregarán como agasallo no Congreso.
Outra das accións previstas é un obradoiro interxeracional que reunirá mocidade do Concello de Burela con persoas usuarias da residencia de maiores e do centro de día. O obxectivo é recoller contos, lendas, receitas e historias vinculadas ao pobo, á actividade pesqueira e ao patrimonio inmaterial da vila.
Ademais, desenvolverase unha xornada na Escola de Hostalería de Foz dirixida ás persoas responsables das cociñas e empresas de cátering que xestionan os comedores escolares e dos centros socioasistenciais da Mariña. Durante a visita poderán catar o Petisco de Peixe elaborado pola Escola no marco do proxecto e perfilar a organización do “Día do Peixe”, que se celebrará en abril.
Na segunda semana de abril, o “Día do Peixe” promoverá o consumo de produtos do mar mediante un menú especial con receitas de pota e peixe espada, facilitadas pola Fundación Expomar. Servirase nos comedores dos centros educativos públicos, de inclusión e de maiores, chegando a máis de 1.000 persoas da contorna.
Todos os traballos realizados desde outubro culminarán no “Congreso da infancia e da adolescencia”, que terá lugar o xoves 30 de abril na Casa da Cultura de Burela. No encontro presentaranse os resultados das actividades desenvolvidas, con relatorios e mostras de artesanía, cultura, literatura e gastronomía.
Segundo a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, “este evento axudará a poñer en valor o potencial da pesca e dos seus produtos na costa e na provincia de Lugo, non só polo que implica a nivel de alimentación, senón polo que supón no ámbito do desenvolvemento social e económico”.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.


