A rexedora liderará o traballo de cooperación entre concellos de Galicia e o Norte de Portugal en materia de cohesión social, vivenda e loita contra a pobreza
Vilalba, 18 de marzo de 2026. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, foi nomeada hoxe presidenta do Grupo Temático de Política Social do Eixo Atlántico, o órgano que reúne representantes municipais de Galicia e do Norte de Portugal para avanzar en políticas de cohesión social na eurorrexión.
Rouco, que tamén exerce como concelleira de Servizos Sociais desde 2019, destacou que este nomeamento supón unha oportunidade para reforzar o papel dos concellos na resposta aos retos sociais actuais. “As políticas sociais son unha prioridade absoluta para este goberno, porque falamos de atender ás persoas, de dar resposta ás súas necesidades e de garantir que ninguén quede atrás”, afirmou.
O Grupo Temático de Política Social centra o seu traballo en áreas clave como a cohesión social, a vivenda, a inmigración ou a loita contra a pobreza, co obxectivo de avanzar cara a un modelo máis xusto e equilibrado entre os territorios da eurorrexión.
A alcaldesa puxo en valor a importancia da cooperación entre administracións locais. “Os concellos somos a administración máis próxima á cidadanía e temos un papel fundamental na detección das necesidades sociais e na posta en marcha de solucións reais. Espazos como este permítennos compartir experiencias, coordinar actuacións e avanzar de maneira conxunta”, explicou.
Na última reunión, celebrada de maneira virtual, aprobáronse as liñas de traballo para os próximos anos. Entre os proxectos previstos para 2026 destacan tres informes estratéxicos: un sobre a loita contra a pobreza, outro sobre inmigración e un terceiro centrado na problemática da vivenda. “Estes documentos serán fundamentais para contar cunha folla de ruta compartida que nos permita abordar os grandes retos sociais de forma coordinada e eficaz”, sinalou Rouco.
A alcaldesa subliñou que este nomeamento é coherente coa liña de traballo desenvolvida polo goberno municipal de Vilalba. “Desde o Concello levamos tempo apostando por uns servizos sociais de calidade, cunha atención integral ás persoas e cun compromiso claro co benestar da veciñanza. Este recoñecemento tamén pon en valor ese traballo”, apuntou.
Rouco afronta esta nova responsabilidade co obxectivo de contribuír a fortalecer as políticas sociais no conxunto do Eixo Atlántico, impulsando iniciativas que permitan reducir desigualdades e mellorar a calidade de vida da cidadanía.



















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



