Cervo, 26 de marzo, 2026. A Piscina Municipal Olímpica de Cervo acollerá esta fin de semana unha intensa programación deportiva e formativa, que reunirá tecnificación, formación en socorrismo e un campus de natación artística.
Xornada de Tecnificación da Selección Galega de Salvamento e Socorrismo
Ao longo do sábado e do domingo, a Selección Galega de Salvamento e Socorrismo, na súa categoría absoluta, desenvolverá en Cervo unha nova xornada incluída no programa de Alto Rendemento.
Participarán 16 deportistas, acompañados polo equipo técnico, centrados na mellora do rendemento, da técnica e da preparación para competicións oficiais.
Curso de formación en socorrismo acuático
Tamén dará comezo o curso de formación específica en instalacións e espazos acuáticos naturais.
• Inicio: 28 de marzo
• Lugar: Cervo
• Proba de natación: sábado 28 ás 10:00 horas
Campus de Natación Artística
Durante toda a fin de semana desenvolverase o campus de natación artística, que incluirá varias sesións de adestramento e culminará cunha exhibición aberta ao público.
Horarios abertos ao público
Sábado 28:
• 11:15–13:15
• 16:30–19:00
Luns 30 e martes 31:
• 10:00–12:30
• 16:30–19:00
Mércores 1:
• 10:00–12:30
• 16:00–17:30 → Exhibición final























O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
