Ribadeo, 11 de marzo, 2026. A Plataforma pola Defensa das Nosas Árbores quere informar sobre a situación do grupo eléctrico situado no quiosco do parque infantil, tras as declaracións do alcalde publicadas nun medio o sábado 7 de marzo. Nesa información, o rexedor afirmaba literalmente: “Ese problema arranxouse xa hai un ano” e “foi unha das primeiras cousas que fixemos porque nos alertaron de ese risco e pasamos aviso para que se solucionase de maneira inmediata”.
Co obxectivo de evitar polémicas e contrastar os feitos, a plataforma comprobou o domingo 8 de marzo que a porta da instalación seguía aberta. Nese momento tomouse unha fotografía xunto cun xornal do día, que permite verificar a data con claridade. As imaxes non deixan lugar a dúbidas: o domingo 8 a porta continuaba aberta.
Finalmente, o martes 10 de marzo ás 10:30 h, a plataforma comprobou que a portiña xa estaba pechada con chave.
Resumo dos antecedentes
1. Martes, 24 de febreiro
Un membro da plataforma observou tres nenos agachados xunto a un portelo aberto na base do quiosco, a piques de tocar unha instalación eléctrica. A persoa afastou os menores, avisou ás familias, pechou a porta e chamou á Policía Local, que tomou nota e indicou que avisaría aos servizos correspondentes. No chat interno da plataforma deuse o asunto por resolto.
2. Venres, 27 de febreiro
Por precaución, revisouse de novo a instalación e comprobouse que a porta non estaba pechada con chave. A plataforma enviou unha nota de prensa acompañada dunha fotografía, confiando en que isto acelerase a solución.
3. Domingo, 29 de febreiro
A porta seguía aberta, non só sen chave, senón totalmente aberta. A plataforma entende que probablemente algún neno a deixou así xogando, e decidiu esperar uns días máis para ver se se arranxaba.
4. Declaracións do alcalde e realidade comprobada
As declaracións do alcalde, nas que aseguraba que o problema estaba resolto desde había un ano, contrastan coas probas gráficas achegadas pola plataforma. Os feitos mostran que a portiña permaneceu aberta durante polo menos quince días, e descoñécese canto tempo levaba así antes da primeira observación.





















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



