A actuación ten un orzamento de 768.000,68 euros e o Concello buscará completar o financiamento cunha axuda de 200.000 euros solicitada ao GALP A Mariña-Ortegal, da que se está pendente, e da solicitude que se lle fixo á Vicepresidencia da Deputación o pasado venres polo valor que resta para completar a contía total
Viveiro, 2 de marzo de 2026. O Concello de Viveiro vén de recibir a resolución favorable da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se concede unha subvención de 320.000 euros para a reforma da Praza de Abastos municipal. A achega enmárcase na convocatoria para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos.
Segundo a resolución, a axuda estrutúrase en dúas anualidades de 160.000 euros en 2026 e 160.000 euros en 2027, cunha intensidade de financiamento do 80% sobre un investimento subvencionable de 200.000 euros en cada exercicio.
A reforma da Praza de Abastos de Viveiro conta cun orzamento total estimado de 768.068,68 euros. Co obxectivo de completar o financiamento necesario para executar a actuación, o Concello está pendente tamén da resolución da solicitude presentada ao GALP A Mariña-Ortegal, por importe de 200.000 euros.
Ademais, o pasado venres o Concello solicitou á Vicepresidencia da Deputación de Lugo unha subvención económica para completar o custo total da intervención, dada a relevancia do proxecto e a imposibilidade de asumilo unicamente con fondos municipais.
No escrito remitido á Deputación, o Concello lembra que a Praza de Abastos de Viveiro data de 1925 e foi proxectada polo arquitecto Ricardo García Puig. É un dos edificios de abastos máis antigos de Galicia e un dos máis característicos pola súa tipoloxía de mercado de peixe. Situada no casco histórico da vila, constitúe unha das edificacións máis significativas de Viveiro, polo que a súa protección, promoción e impulso se consideran fundamentais.
O Concello de Viveiro sinala que esta resolución da Xunta supón un paso importante para avanzar nun proxecto prioritario, orientado á rehabilitación e dinamización dun espazo de alto valor arquitectónico, comercial e de identidade para o municipio.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



