Lugo, 9 de marzo de 2026. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse hoxe con representantes da Asociación Semana Santa de Burela para abordar a colaboración nas celebracións deste ano, organizadas por este colectivo e pola Confraría do Santísimo Cristo e María Santísima das Dores.
Arias destacou a dimensión social, cultural e turística da Semana Santa, e enmarcou esta cooperación no apoio da Administración autonómica á promoción e impulso do turismo no municipio.
O Goberno galego colabora coa elaboración do cartel anunciador, así como coa gravación de diferentes actos e procesións e a preparación de montaxes audiovisuais e dun vídeo resumo final para publicar todos estes contidos en redes sociais.
Entre as actividades que se difundirán figura o acto de 30º aniversario da confraría organizadora, dous viacrucis as procesións da Borriquita, a Oración na Horta das Oliveiras, O Caladiños, a Virxe da Esperanza e O Encontro.




















Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.

