Ribadeo, 13 de marzo de 2026. Ribadeo mellorará a zona da rúa Virxe do Camiño para facela máis accesible.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño.
Concretamente vamos actuar nas beirarrúas, que os veciños levan reclamando anos e anos e pedindo que foran mais accesibles. Evidentemente, temos que actuar e así facer toda unha zona mais accesible. Ten moita dificultade para moitas persoas que teñen mobilidade reducida, entón debemos actuar. Tamén vamos actuar na beirarrúa, en fronte practicamente da capela da Virxe do Camiño, para eliminar esa fochanca no que se actuou de forma provisional, pero queremos facer agora unha soleira de formigón e adecuar esa zona”.
O rexedor manifestou: “seguimos actuando e mellorando todas as nosas rúas. Pouco a pouco, evidentemente, hai que xestionar o orzamento e despois investir e mellorar zonas que teñen necesidade. Levaban moitos anos con certo abandono. E cando se abandonan beirarrúas, que son fundamentais para moitas persoas que teñen mobilidade reducida, dificúltalles moito a súa vida, entón abandónase a parte dos veciños de Ribadeo.E iso non nos vamos a facer desde o Concello deste goberno”.
Vega engadiu: “actuamos de forma paulatina, de forma que primeiro hai que xestionar o orzamento e despois investir, pero co obxectivo, claro, que Ribadeo siga avanzando e que Ribadeo teña os seus espazos ben conservados”.





















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



