Trátase dun grave erro de planificación e podería introducir un factor de inseguridade xurídica para o desenvolvemento dos futuros proxectos
Galiza, 11 de marzo de 2026. No pasado febreiro, o Ministerio para a Transición Ecolóxica realizou unha consulta para aprobar as bases que rexerán os concursos para a adxudicación de parques eólicos mariños nas augas de competencia estatal. Trátase de concretar a área, potencia, prazos, criterios de ponderación e demais condicións aplicables aos proxectos enerxéticos que se presenten a concurso, tendo como marco de actuación os 5 POEM (Planos de Ordenamento do Espazo Mariño) aprobados para cada demarcación en 2023.
Porén, os POEM hoxe vixentes deben ser revisados e actualizados, como moi tarde, o 31 de decembro de 2027, e someterse ao procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE), trámite que o Ministerio iniciou en novembro de 2025. Nos documentos dos novos POEM recóllense algunhas novidades con respecto aos planos do primeiro ciclo: novas categorías zonais (ZUP -uso prioritario-, ZAP -alto potencial-, zonas de amortecemento de impactos, de restauración da biodiversidade, etc.), e a consideración das afeccións a caladoiros e zonas de cría, colisión con cetáceos, sumidoiros de carbono… entre outras, que foron ignoradas no primeiro ciclo e non figuran nos POEM vixentes.
As implicacións desta fonda revisión na planificación dos espazos mariños para as 5 áreas reservadas ás instalacións eólicas na demarcación noratlántica non se coñecerán até a publicación do EAE (Estudo Ambiental Estratéxico) e das propostas dos novos POEM. Xa que logo, é moi probábel que as ZAP (Zonas de Alto Potencial) para a eólica mariña definidas no primeiro ciclo sufran modificacións, de aplicárense as restricións por impactos nos caladoiros de pesca, sobre os cetáceos, aves e hábitats sensibles, etc. recollidas nos documentos iniciais do segundo ciclo.
Agora, e sen ter concluído a revisión dos POEM no segundo ciclo, o MITERD pretende aprobar a Orde que establece as bases da concorrencia competitiva dos proxectos eólicos mariños e a conseguinte convocatoria dos procedementos, sen agardar á conclusión da revisión e actualización dos POEM aprobados en 2023, o que constitúe un grave erro de planificación e podería introducir un factor de inseguridade xurídica para o desenvolvemento dos futuros proxectos.
Xa que logo, as organizacións asinantes vimos de reclamar ao MITERD, no trámite de consulta pública das bases para o concurso dos proxectos eólicos mariños no mar de Galiza, que non inicie ningún procedemento de adxudicación sen antes concluír a actual revisión dos POEM de segundo ciclo. O contrario suporía poñer de novo o carro diante dos bois, e xa vimos as consecuencias da deficiente planificación no desenvolvemento da eólica terrestre en Galiza.
Organizacións asinantes
ADEGA (Asociación para a defensa Ecolóxica de Galiza)
PDRA (Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa)
Confraría da Illa de Arousa
Confraría da Pobra do Caramiñal
Confraría de Rianxo
OPP-20 (Organización de Produtores de marisco e cultivos mariños de Pontevedra)
Amegrove (Cooperativa de produtores de mexillón)
As. de produtores de mexillón San Sadurniño de Cambados
As. de produtores de mexillón A Pobra
As. de produtores de mexillón A Marxa de Boiro
Aspromeri (As. de produtores de mexillón de Rianxo)
As. de produtores de mexillón de Vilaxoán
As. de mexilloeiros Illa de Arousa

















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



