Lugo, 3 de marzo de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular anunciaron esta mañá que “non asistirán” á lectura do manifesto polo 8M da Deputación de Lugo, previsto para este venres ás 10:30 horas. “Mentres PSOE e BNG sigan a blanquear a José Tomé, a mantelo nos cargos, a subirlle o salario e manter nos cargos aos que taparon todo, nós non participaremos dese teatro”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, afirma que unha vez que a Fiscalía anunciou unha querela contra Tomé, “PSOE e BNG deben de dar un paso adiante e deixar de branquear a esta persoa”, ao que engadiu que “é o momento de que fagan públicos os pactos que asinaron e que remataron con Carmela López de presidenta e Efrén Castro de vicepresidente, algo para o que foi imprescindible o voto favorable de José Tomé, así como a súa tutela diaria”.
“Está claro que segue a ser o presidente na sombra, que segue a ser el o que toma as decisións e o que segue a gobernar a Deputación dende atrás”, denunciou.
Neste senso, Ameijide esixe a Carmela López que deixe de poñer todos os medios provinciais ao servizo do ex presidente, “algo que se puido ver recentemente en Fitur, onde tivo persoal da Deputación baixo a súa atención e dirección, así como na propia institución mantén privilexios, dende un acceso diferente aos plenos e a ubicación no mesmo”.
Ademais, Ameijide pide reflexión a socialistas e nacionalistas: “O PSOE debe de retirar de inmediato o apoio que lle mantén en Monforte para seguir na alcaldía co solo máximo permitido por lei, mentres que o caso do BNG é máis preocupante aínda, xa que venderon o feminismo que din defender a cambio dunha vicepresidencia e dúas áreas de goberno”.
“Queda claro que nin a Carmela López, nin ao PSOE e ao BNG lles importan as vítimas e o feminismo, o único que lles importa é manter os cargos, os sillóns e os coches oficiais”, sentenciou.


















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



