Viveiro, 12 de marzo, 2026. O vindeiro sábado 14 de marzo, ás 20:30 horas, o grupo de cámara Arundo Donax Ensemble ofrecerá un concerto na Igrexa de San Francisco de Viveiro, dentro do inicio das celebracións da Semana Santa da vila.
Programa do concerto
Continuando co seu proxecto “Serenata para Tutti”, a agrupación lucense chega a Viveiro cun programa renovado que incorpora novas pezas, mantendo a esencia da proposta: un percorrido musical desde a escola veneciana renacentista-barroca ata a creación contemporánea.
O concerto abrirase coas Canzonas da Sacrae Symphoniae de Giovanni Gabrieli, obras solemnes e de grande riqueza espacial, escritas para a Basílica de San Marcos de Venecia e situadas na transición entre o Renacemento e o Barroco.
A continuación, a célebre Tocata e fuga en Re menor de Johann Sebastian Bach achegará o dramatismo e a profundidade espiritual do barroco alemán.
O programa avanzará cara ao Romanticismo co lirismo íntimo do Idilio de Sigfrido de Richard Wagner, a enerxía das Danzas húngaras de Johannes Brahms e a emotividade do Intermezzo da ópera Cavalleria rusticana de Pietro Mascagni.
Como peche, In C-Dorian, de Frank Ticheli, ofrecerá unha perspectiva contemporánea que conecta pasado e presente a través dunha linguaxe vangardista, rica en cor sonora e intensidade expresiva.
Sobre a agrupación
Arundo Donax Ensemble naceu en 2025 co obxectivo de dotar á provincia de Lugo dun grupo profesional de cámara de referencia no ámbito do vento madeira, contribuíndo ao desenvolvemento cultural do territorio e achegando música de diferentes épocas á cidadanía.
A pesar da diversidade xeracional dos seus integrantes, todos eles contan cunha sólida formación e unha ampla traxectoria profesional, garantindo interpretacións de alta calidade. A dirección artística corre a cargo do prestixioso director David Fiuza, con experiencia á fronte de agrupacións autonómicas, nacionais e internacionais.
Tras un inicio de actividade moi positivo, con concertos en Chantada, Pontevedra e Lugo, esta actuación en Viveiro será a cuarta do Ensemble. Para este ano, a agrupación prevé seguir ampliando a súa presenza na axenda cultural galega, con novos concertos xa programados e outros proxectos en preparación.






















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



