Foz, 25 de marzo de 2026. A concelleira de Economía e Facenda en Foz, Inés López Couto, aclara que “a oposición fai unha análise torticera dun documento sobre o que primeiro debería preguntar antes de afirmar. O primeiro que debería dicir é que o informe de Intervención é favorable. A realidade é que o Concello ten un resultado orzamentario positivo, co que pode permitirse pagar o 1,3 millóns que aprobou a final de ano para cousas tan importantes coma as obras de Malates ou os ordenadores para aula de exames de Tráfico. Mais os suplementos de crédito poden supoñer desviacións na estabilidade, como ocorreu e asumimos, apostando por maior traballo, onde sobre todo vamos fixar obxectivos na mellora dos prazos”.
Inés López Couto engade: “teremos que empezar por unha das primeiras frases que lle dixen ao señor Castiñeira ao entrar no goberno cando lle falei de contratos: nos primeiros seis meses o goberno socialista adxudicou máis de vinte contratos, nos seus seis meses anteriores foron sete. A verdade é que resulta fantasioso que fale de contratación o que era alcalde cando a intervención incluía nos seus informes frases como A maior parte das facturas non foron obxecto de contratación, producíndose grandes fraccionamentos ou Inténtanse facer contratos con empresas para contratar persoal ou En canto ás facturas de obras, non van acompañadas de ningún proxecto, tal e como esixe a Lei de Contratos. Non existen actas de replánteo, nin son informadas polos técnicos do Concello, etc. Despois de recibir un Concello sen case ningún contrato en vigor excepto algún menor de obras (aínda que polo que di a Intervención non debían ser moi correctos tampouco), incluíndo algúns tan grandes coma o da auga ou o servizo de axuda no fogar, este goberno continúa revertendo a situación con traballo diario.”
A concelleira de Economía explica tamén: “o que lle podemos dicir ao Partido Popular é que o Concello de Foz está saneado, cumpre cos compromisos de pago e cada vez faino mellor, despois de ter que reestruturar unha situación paupérrima que deixou o anterior goberno. Non lembra cando incumpría o plan económico financeiro do exercicio 2018, plans que obviamente foi alongando exercicio tras exercicio. Actualmente nin están en negativo as contas, existe superávit do exercicio de máis de 800.000 euros e remanente de case 3 millóns, nin o incumprimento da regra gasto (unha fórmula que impuxo o Partido Popular e absolutamente inxusta para concellos e comunidades autónomas) se pode utilizar de forma banal. O plan económico financeiro aprobado o ano pasado ten un vixencia de dous anos, o 2026 é o segundo e vamos seguir traballando na mellora das contas, pero sobre todo na mellora dos servizos aos veciños”.
“Esperámolo mañá coa súa nova entrega de dopada e desvirtuada. Aquí non hai conto nin conta, o que debe haber é traballo para a cidadanía e volvo dicirlle que a miña labor como voceira é responderlle, sobre todo cando desinforma de forma interesada”, finaliza a concelleira.






















O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.



