Madrid, 18 de marzo, 2026. O senador socialista César Mogo asegurou que “os veciños de Vilalba poden ter a seguridade de que a N‑634, incluído o acceso ao polígono industrial, será reparada moi pronto”, e lembrou que este é un compromiso firme do Goberno.
Mogo criticou que “os senadores do PP por Lugo están a alcanzar un nivel de fabulación que vai camiño de bater a marca de falsidades da democracia española”, ao seu xuízo “mentindo sobre todos os asuntos sen excepción”. Segundo explicou, a semana pasada fixérono sobre os xulgados e agora “manipulan” unha resposta oficial sobre a N‑634.
O senador subliñou que o Ministerio de Transportes “en ningún momento afirmou que non teña previsto arranxar a N‑634 na provincia de Lugo; iso é unha invención dos tres senadores do PP, porque a estrada vaise reparar”.
Mogo atribúe estas actitudes a “delirios” ou a un intento de “facer méritos internos de cara a futuras convocatorias electorais”, pero considera que constitúen “un engano manifesto aos veciños de Vilalba e de toda a provincia”.
Tamén lembrou que o Goberno está a actuar simultaneamente na reparación da A‑6, N‑540, N‑120 e N‑642, todas na provincia de Lugo. Criticou que os senadores do PP desboten o impacto do mal tempo en Galicia, afirmando que “queda claro que as condicións nas que traballan os operarios de Lugo impórtanlles ben pouco”.
Finalmente, Mogo instou os representantes populares a “deixar de propagar falsedades” e a aproveitar o tempo para visitar Vilalba e comprobar “o vergoñoso estado de abandono no que a Xunta mantén a estación de autobuses, malia as reiteradas peticións da alcaldesa para a súa reforma e mantemento”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



