Cervo, 13 de marzo, 206. pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade —a proposta do BNG e de traballadores do GES— unha iniciativa para abordar a situación do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, actualmente pechado por decisión da alcaldesa tras o incumprimento dunha sentenza xudicial que declara irregularidades en materia de prevención de riscos laborais.
Na proposta aprobada, todos os grupos políticos da Deputación acordaron instar á Xunta, ás deputacións provinciais e á FEGAMP a convocar con carácter urxente a Comisión de Seguimento do Convenio dos GES. O obxectivo é tratar especificamente o peche do GES de Cervo, definir as medidas necesarias para a súa reapertura e garantir a cobertura efectiva dos concellos da Mariña que dependen deste servizo: Alfoz, O Valadouro, Xove, Burela, Foz e Cervo.
Urxe a convocatoria da Comisión de Seguimento
Dado que desde o 24 de febreiro a Comisión de Seguimento aínda non foi convocada, os concelleiros e concelleiras do BNG destes municipios levarán aos respectivos plenos a mesma moción aprobada pola Deputación, co fin de acelerar a reunión e buscar unha solución inmediata ao peche do servizo en Cervo.
Na rolda de prensa celebrada esta tarde diante da sede do GES, e na que tamén participaron traballadores de emerxencias, os representantes nacionalistas insistiron na necesidade de recuperar canto antes este servizo esencial para a comarca.
“A Mariña ten que recuperar este servizo xa”
O deputado provincial Daniel García lembrou que o peche indefinido do GES deixa sen cobertura de emerxencias a máis de 30.000 habitantes. “Falamos de concellos con actividade económica, pesqueira e industrial moi relevante, e doutros máis rurais con poboación dispersa. É urxente recuperar este servizo para a comarca”, afirmou.
“O PP deixou á Mariña sen grupo de emerxencias municipais”
Pola súa banda, o concelleiro do BNG en Cervo, David Villares, referiuse á situación do persoal do GES. “É necesaria a reapertura inmediata do servizo e nas debidas condicións para os traballadores, para garantir unha resposta eficaz no noso concello e nos da contorna. A xestión da alcaldía foi caótica e o único resultado foi o peche do servizo”, concluíu.





















Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



