Ribadeo, 3 de marzo, 2026. O grupo municipal do BNG de Ribadeo manifesta a súa preocupación pola situación da obra de reforma do Hospital Asilo, despois da alarma social xerada polo precintado do edificio por parte da Policía Local a semana pasada. Segundo indican, o goberno municipal non ofreceu explicacións nin á veciñanza nin aos grupos da oposición.
O voceiro nacionalista, Martín Graña, lembra que se trata dun proxecto fundamental para Ribadeo que acumula retrasos desde o inicio e que, ao seu xuízo, foi presentado en numerosas ocasións polo alcalde como un avance que non se corresponde coa realidade. O BNG sinala que, mentres se afirmaba que as obras avanzaban “a bo ritmo”, xa advertían de atrasos continuados na execución, ata o punto de que a empresa concesionaria entrou en concurso de acredores en novembro de 2025, deixando a obra paralizada.
O grupo critica que, lonxe de asumir responsabilidades, o alcalde anunciara que se licitaría o 13% da obra pendente, algo que —segundo indican— non se materializou. A día de hoxe non existe nova licitación, nin prazos, nin información oficial, e o edificio permanece precintado.
Falta de información e acceso ao expediente
O BNG denuncia tamén a falta de acceso á información sobre o estado real da obra. Explican que solicitaron datos en varias ocasións e que estas peticións foron denegadas. Tras o precintado, rexistraron unha nova solicitude formal para acceder ao expediente completo, pero aseguran que o goberno municipal volveu impedir o acceso.
O grupo considera que esta situación afecta tanto aos dereitos da oposición como ao conxunto da veciñanza, que —segundo destacan— ten dereito a coñecer o destino dos recursos públicos. Lembran que a obra se financia coa herdanza do Doutor Moreda e cunha subvención da Xunta de Galicia que debe ser xustificada.
Tamén subliñan a preocupación das familias e dos usuarios do Hospital Asilo, actualmente repartidos por diferentes puntos de Galicia, que —indican— carecen de información sobre cando poderán regresar a Ribadeo.
Exixencias do BNG ao goberno municipal
O grupo nacionalista solicita ao alcalde que ofreza explicacións públicas e que asuma as responsabilidades políticas derivadas da situación. Afirman que Ribadeo precisa un goberno “serio e responsable” e que o que está en xogo non é só unha obra, senón a confianza nas institucións e o futuro dos servizos públicos do municipio.
O BNG asegura que continuará traballando para que se coñeza toda a información e para garantir que a veciñanza dispoña de datos claros sobre o estado da reforma do Hospital Asilo.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



