O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitaron hoxe en Castro de Rei este servizo itinerante
Castro de Rei, 9 de marzo, 2026. Un dos catro Centros de Información á Muller (CIM) móbiles que puxo en marcha a Xunta o mes pasado percorrerá oito concellos lucenses ata finais de marzo.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitaron esta unidade en Castro de Rei, onde permanecerá durante a xornada de hoxe. O obxectivo é reforzar a sensibilización en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero, especialmente nas zonas rurais que non contan con servizos desta natureza.
As seguintes paradas serán Cervantes (mañá, 10 de marzo, a partir das 10,00 horas); Foz (venres 13 ás 10,30 h); Alfoz (luns 16 ás 10,30 h); Baralla (venres 20 ás 10,30 h); Baleira (luns 23 ás 10,00 h); A Fonsagrada (martes 24 ás 10,00 h); e Becerreá (mércores 25 ás 10,30 h).
Estas unidades están atendidas por persoal especializado, incluídas unha psicóloga e unha traballadora social, para ofrecer orientación e apoio en cuestións relacionadas coa promoción da igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero. Calquera cidadán interesado pode achegarse a solicitar información.
Coa posta en marcha dos CIM itinerantes, a Xunta pretende reforzar a sensibilización en materia de igualdade e garantir que todas as mulleres teñan acceso a servizos de protección e apoio con independencia do concello no que residan. A posta en marcha deste novo recurso supuxo un investimento de 1,6 millóns de euros por parte da Consellería de Política Social e Igualdade.
















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



