Xove, 13 de marzo, 2026. A XXXV edición do Curso de Formación Orquestral está organizada pola Asociación Prestoxove e conta co patrocinio do Concello de Xove.
Nesta edición participarán como profesorado convidado Carmen Varela, responsable da sección de violíns; Nara Carballal, á fronte das seccións de violas e violonchelos; Daniel Roca, encargado da sección de vento; e Barúk Domínguez, que traballará co alumnado da sección vocal do proxecto.
A organización do curso mantén unha estrutura semellante á de anos anteriores. As mañás, en horario de 10:30 a 14:00 horas, estarán dedicadas aos ensaios seccionais e xerais de orquestra no colexio de Palmeiro. Polas tardes, de 16:00 a 19:00 horas, realizaranse ensaios de música de cámara, así como leccións maxistrais das distintas especialidades.
O Curso de Formación Orquestral está aberto a alumnado de corda, vento e canto, con diferentes niveis instrumentais, que desexe participar nesta experiencia formativa.
Como parte da programación, o martes 31 ás 18:00 horas terá lugar un concerto de música de cámara, no que o alumnado ofrecerá actuacións en diversas formacións. A clausura do curso celebrarase o mércores 1 de abril ás 18:00 horas coa representación do proxecto Xente Miúda, interpretado conxuntamente por todos os participantes. Estes concertos levaranse a cabo no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, con entrada libre e gratuíta para todos os públicos.
A XXXV edición do Curso de Formación Orquestral incorpora este ano unha importante novidade: o eixo central do programa será a preparación do proxecto musical Xente Miúda, que se combinará co traballo e a organización de diferentes grupos de música de cámara.
Xente Miúda é un proxecto que reúne un total de 15 cantigas da autoría de Nacho Fonseca, incluídas nun disco gravado baixo maqueta instrumental no ano 1988 polo alumnado da Escola Municipal de Música de Xove. Para esta edición do curso, as pezas foron revisadas, reescritas e arranxadas por Xan Carballal, adaptándoas ás características do alumnado actual participante.
O disco orixinal gravárase sobre unha maqueta instrumental e incluía a tradución ao galego dos textos, xa que a versión inicial estaba en asturiano. Agora, a recuperación deste proxecto supón unha actualización tanto musical como textual, pensada expresamente para o alumnado da escola. Ademais, Xente Miúda desenvolverase ao longo do ano en distintos formatos, coincidindo coa celebración do 40 aniversario da creación da Escola Municipal de Música de Xove.























Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



